Patina Pellucida
BIODIVERSIDADE > FAUNA > MOLUSCOS
						
						Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
 Clase..........................Gastropoda
 Orde..........................Docoglossa
 Superfamilia...............Buccinoidea
 Familia......................Patellidae
 Xénero.......................Patina
 Especie.....................P. pellucida
								
						    Actualización: 03-03-2015
     En vivo atópanse polo xeral nas algas laminarias.  Presentan unha cor castaña e sete liñas lonxitudinais azul fosforescente. Co paso do tempo van desaparecendo.
								
						     Vense nas frondes das laminarias onde deixan unha pequena concavidade.
     Teñen un tamaño que non supera os 2 centímetros, aínda que por termo medio a lonxitude é duns 10 mm.
    Poden observarse a partir do límite entre a intermareal e a supralitoral, polo que para seren observadas a marea debe estar bastante baixa.
								
						      Este gasterópodo vive ao longo de toda a costa do Baixo Miño, apegado ás algas laminarias. Ten un tamaño medio de un centímetro de longo, aproximadamente aínda que hai individuos que superan esta medida, e, cando o animal está vivo, a súa cuncha presenta cor castaña con sete liñas a trazos azuladas.
   Nas laminarias aparecen varios individuos, máis ou menos xuntos, que deixan sobre a mesma a súa pegada en forma dunha pequena fendidura, como se pode apreciar na fotografía.
								      Actualización: 27-10-2011