Mantis religiosa (Barbantesa) - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

Mantis religiosa (Barbantesa)

BIODIVERSIDADE > FAUNA > ENTOMOLOXÍA
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

18 novembro 2019
MAPA DE OBSERVACIÓNS

Se o desexas, podes enviarnos notificación das túas observacións,
indicando lugar (enviar as coordenadas -podes velas no Google maps),
así como fotografías.

Nome galego: Barbantesa

   Cabeza triangular. Patas dianteiras prensoras.
   Cor: verde ou castaña.
   Tamaño: Arredor duns 15 cm.
   Se permanecen quietas resulta difícil decatarse da súa presenza xa que se mimetizan perfectamente co entorno.

   Son animais carnívoros.
   
   No Baixo Miño é unha especie común que podemos atopar practicamente en calquera espacio: xardíns, valados, campos, sendeiros, silveiras, etc.


    As súas patas dianteiras están especializadas para agarrar ás súas presas. As femias, mesmo, non teñen reparos en alimentarse cos machos da súa propia especie, tanto antes, como na cópula ou despois da mesma. Caso extraordinario é cando a femia arranca a cabeza do macho para se alimentar segundos antes da cópula e este, a pesares de faltarlle esa parte vital, sigue vivo e será capaz de levar a cabo a mesma.


    As barbantesas non deixan de ser uns insectos espectaculares, tanto polo seu tamaño, pola súa forma, pola súa actitude defensiva ou, mesmo, como animal depredador.


    Diante da nosa presenza, no momento no que colocamos o obxectivo da nosa cámara a poucos dentímetros deste exemplar, a mantis enseguida adoutou unha actitude defensiva e intimidatoria.

    
Regreso al contenido