Gibbula umbilicalis - Gibbula pennati - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

Gibbula umbilicalis - Gibbula pennati

BIODIVERSIDADE > FAUNA
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
Actualizada o 10-02-2015
Gibbula umbilicalis
Clase..........................Gastropoda
Orde..........................Neogastropoda
Superfamilia...............Buccinoidea
Familia......................Trochidae
Xénero.......................Gibbula
Especie.....................G. umbilicalis
    Na costa do Baixo Miño, dende a desembocadura do Miño ata o límite con Baiona, atopamos varias especies diferentes de moluscos gasterópodos mariños, entre eles as Gibbulas.
     Destas temos dúas especies diferentes: Gibbula umbilicalis e Gibbula pennati, ámbalas dúas moi parecidas pero con algunhas características que permiten establecer diferenzas, a simple vista, entre unha e outra.
Gibbula pennati
Clase..........................Gastropoda
Orde..........................Neogastropoda
Superfamilia...............Buccinoidea
Familia......................Trochidae
Xénero.......................Gibbula
Especie.....................G. pennati
DIFERENZAS ENTRE
Gibbula umbilicalis e Gibbula pennati
Gibbula umbilicalis

PARTE INFERIOR: Con embigo.
PARTE INFERIOR: Non axedrezada.
ÚLTIMA VOLTA: Con franxas cor viño.
ESPIRAIS: Sen estrías.
Gibbula pennati

PARTE INFERIOR: Sen embigo ou, de telo, moi estreito (non cabería unha agulla normal por el).
PARTE INFERIOR: Axedrezada.
ÚLTIMA VOLTA: Manchada.
ESPIRAIS: Con estrías.
Regreso al contenido