Chrysotoxum elegans - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

Chrysotoxum elegans

BIODIVERSIDADE > FAUNA > INFORMACIÓN DE:
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
02-XII-2013

Data:
Novembro 2013
Autor de la fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Philum: ARTHROPODA
Clase: INSECTA
Orden: DÍPTERA
Familia: SYRPHIDAE
Genero: Chysotoxum
Especie: C. elegans
Nombre común:
Tipo de animal: Insecto voador
Municipio: A Guarda
Parroquia: Camposancos
Lugar:  Baixada á praia de Camposancos, sobre ireira (Hedera helix)
Estación: Verán; Outono
Distribución no Baixo Miño:
    Aínda que a súa apariencia é de avespa, debido a súa contrastada cor a franxas amarelas e negras, trátase en realidade dun díptero, ou sexa, unha mosca, polo que non ofrece perigo algún para nós. A observación deste exemplar produciuse en pleno mes de novembro, a unha hora (dúas da tarde, na que o sol quentaba ben nun día despexado. Xunto con outros insectos voadores, buscaba alimento nas ireiras, nome local das hedras.

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam. Camposancos. 22-11-2013
    Os dípteros caracterízanse por ter unicamente dúas ás, de aí o nome.

    Chrysotoxum elegans, é un dos moitos sírfidos que podemos atopar no Baixo Miño. Aliméntanse do polen e nectar das flores. Como nesta época as ireiras están en floración, estes dípteros, ao igual que outros insectos, achéganse ás mesmas para se alimentar.

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam. Camposancos. 22-11-2013
Foto: Manuel A. Pombal Diego-anabam, 1-10-2011. Oia
Foto: Manuel A. Pombal Diego-anabam, 1-10-2011. Oia
Regreso al contenido