CAMPAÑA CONTRA O FERRY - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

CAMPAÑA CONTRA O FERRY

ANABAM
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotos: Carlos Angílica Entenza
         Antón Ferreira Lorenzo
1993

ANABAM FOI A ÚNICA ENTIDADE
QUE SE OPUXO AO FERRY
CAMINHA-A GUARDA
OS PROBLEMAS QUE ÍA OCASIONAR, E QUE OCASIONA,
NON LLES PREOCUPOU A NINGUÉN MÁIS


     O 24 de abril do ano 1993, de xeito improvisado, membros de ANABAM desprazábanse ata a veciña localidade de Caminha para amosar o seu rechazo ao ferry polo impacto negativo que suporía o dragado transversal da canle no río. Trece compañeiros percorrían con pancartas o traxecto dende o peirao ata o centro de Caminha e outros tres facíano nunha lancha neumática polo río, traxecto Pasaxe-Caminha. No praza central de Caminha, un grupo de persoas tratou de provocarnos por medio de insultos e ameazas, dirixidos tamén a unha periodista que se achegou para nos entrevistar. Pola contra, outro grupo de caminhenses apoiou a nosa protesta e, mesmo, tratou de defendernos das ameazas. Outras persoas observaban a escea dende certa distancia.

   Foto de arriba: membros de ANABAM coa pancarta diante da porta da Cámara Municipal de Camiña.
   Foto seguinte: unha persoa que se identificou como policía falando co presidente de ANABAM ao que tomou os datos.
   Foto inferior: tres membros de ANABAM maniféstanse no río, diante das obras.
   Foto seguinte: colocando unha pancarta na caseta de obras.
   Foto de abaixo: coa pancarta a carón das obras do ferri.
   Foto do lado esquerdo: na porta da Cámara Municipal.

        Para ANABAM ese proxecto (que hoxe se mantén a duras penas, con perdas económicas, coa permanente necesidade de ter que dragar a canle constantemente
-cousa que non se está a facer polo custe económico que supón- e polo impacto que representa para o leito do río) ineficaz e irresponsable, somentes obedecía ás "gañas de se colgar medallas" dalgúns políticos e da presión de certos sectores, ademais de querer emular ao Concello de Tomiño que non facía moito puxera a andar un ferri entre Goián e Vila Nova de Cerveira.

   Houbo moita controversia: un ministro afirmaba que o ferry non facía falta; non se levou a cabo ningún estudo de impacto ambiental. Deciamos naquela a través do noso boletín CARRIZAL: "As praias, os posibles "socavóns asasinos" o cambio das corrientes; a modificación da canle natural... é algo que hoxe "lles resbala", aínda que poida que mañán, algúns deles aproveiten para saír nos medios de comunicación criticando e culpando ao goberno de turno".  Parece que en grande medida iso sucedeu. Tamén, xa afirmabamos daquela, que o ferry non sería rendible, por iso, deciamos, ningunha empresa quere facerse cargo do mesmo e tería que ser a propia administración quen tería que ocuparse da súa explotación, asumindo, deste xeito, as perdas que o mesmo ía xerar, como así se foi e é.
    Non podemos esquecer que, aínda que o PP estaba aofronte do concello guardés, tódolos partidos no concello (PP; PSOE e BNG) apoiaban a posta en funcionamento do ferri. A ninguén parecía importarlle as posibles e futuras consecuencias do mesmo.

Regreso al contenido