PILAS BOTÓN 1989 - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

PILAS BOTÓN 1989

ANABAM
1989

PRIMEIRA CAMPAÑA A NIVEL ESTATAL
DE RECOLLIDA DE PILAS BOTÓN
Antón Ferreira encargouse de recabar información,  de poñer en práctica a campaña e de enviar as pilas a empresa encargada da súa recepción.

     O 5 de xuño do ano 1989, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, ANABAM daba inicio a unha campaña pioneira no estado español: a recollida de pilas botón. O artífice e impulsor dela sería, unha vez máis, Antón Ferreira. A campaña, que era todo unha novidade, mesmo no eido conservacionista, divulgouse amplamente a travvés dos medios de comunicación (prensa e radio) e tivo amplo eco en diferentes puntos do estado, tanto foi así, que serían varias asociacións repartidas pola xeografía española que se porían en contacto con nós.

    A recollida deste tipo de pilas contou como colaboradores indispensables, con varios establecementos do Baixo Miño, relacionados coa venta deste tipo de pilas. No aspecto económico ANABAM contoy cunha pequena subvención da Consellería de Ordenación do territorio e Obras Públicas -COTOP_ a través da Axencia de Calidade Ambiental.

        A campaña desenvolveuse durante varios anos, ata que a Xunta de Galicia, en colaboración cunha empresa, puxo en marcha un concurso competitivo, dirixido aos centros escolares, dando sendos premios aos centros que máis pilas recolleran. E aí remataría xa esta historia.
Regreso al contenido