Podes coñecer a nosa traxectoria e parte da nosa historia, premendoAQUÍ
NOVAS
A Weeden Foundation concede unha axuda económica de 2.000 $ a ANABAM para á protección e conservación do bosque de ribeira. Por outra banda, esta asociación destinará outros 2.000 euros ao mesmo fin.
P O R T A D A 2021
PROXECTOS EN MARCHA
ACTIVIDADES PREVISTAS PARA XANEIRO-FEBREIRO
FOTOTRAMPEO
Se o COVID-19 non o impide, iniciaremos esta actividade a partir do 16 de xaneiro con dous proxectos no que poden participar as persoas que forman parte de ANABAM.
Traballo de investigación de campo no entorno natural do Baixo Miño destinado a membros de ANABAM que desexen colaborar nesta actividade. Remate da actividade: 15 de febreiro de 2021.
O Día Mundial dos Humedais celébrase o 2 de febreiro. Por coincidir esta celebración en día laborable, trasladamos esta xornada ao sábado 6 dese mes.
Debido ao COVID, ás prazas redúcense a dez persoas. Se queres participar nesta actividade, que comezará ás 11 da mañá, tes que inscribirte previamente, a través do whatsApp (61 61 80 557), de Messenger ou do correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com)
Este ano imos prestar especial atención ao BOSQUE DE RIBEIRA. Entre as nosas previsións está o de adquirir terreos para que formen parte do bosque húmido.
P U B L I C A C I Ó N S editadas por anabam
BOLETÍN CARRIZAL, NÚMEROS PUBLICADOS 2021:
Nº 5 (xaneiro/febreiro)
Cada nº 5 € ou 25 € subscrición seis números (ano 2021).