A PRAIA - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

A PRAIA

EDUCACIÓN AMBIENTAL

    Esta actividade consiste nun percorrido pola praia de Camposancos (intermareal) na desembocadura do Miño. Observaremos algunhas pegadas que os animais deixan na area; observaremos algunhas plantas e a súa adaptación a un medio aparentemente adverso; recolleremos algunhas cunchas mariñas e procederemos a clasificalas de xeito sinxelo; veremos algunha pía salineira utilizada probablemente na época prerromana, etc.,


A QUEN VAI DIRIXIDA ESTA ACTIVIDADE?
   Para estudantes dende 3º primaria a Bacharelato.

PREZO: Visita gratuíta.

CADERNO DE TRABALLO: Obrigatorio para cada alumno. Prezo: 2,00 €/caderno.

Nota: Para sacar o máximo proveito á visita mellor facela entre dúas horas antes da baixamar e dúas horas despois, ou sexa, durante a marea baixa. Recomendamos consultar a táboa da mareas.

DATAS DA VISITA: Calquera época do ano.
CARACTERÍSTICAS DA VISITA
    Lonxitude:Entre 200 e 800 metros, dependendo das paradas efectuadas e da actividade desenvolvida.

    Duración da actividade: De 2 a 2,5 horas.

    Dificultade:Baixa

    Punto de partida: Na propia praia, no aparcamento, ao lado do Hotel.
    

PARA RESERVAR PRAZA

    Chamada ou Whasapp ao 61 61 80 557.
     
     Cubrir a ficha  adxunta:

 
NOTA:   As/os  alumnas/os deben traer lapis ou boli.

    Por tratarse dunha actividade gratuíta, tanto ANABAM como os seus monitores, unicamente desenvolven un labor de colaborar na actividade ambiental coa finalidade de que a mesma sexa máis produtiva, non facéndose responsables de posibles accidentes que puideran darse, SENDO O PROPIO CENTRO DE ENSINO, O ORGANIZADOR DA ACTIVIDADE E RESPONSABLE DOS SEUS ALUMNOS. O envío do formulario significa que o centro acepta estas condicións.











Regreso al contenido