PROXECTO LARUS 2019 - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

PROXECTO LARUS 2019

CAMPAÑAS. PROXECTOS

PROXECTO  Larus
(Núcleo urbano da Guarda
extensible ao núcleo urbano de Caminha,
Vila Praia de Âncora e Moledo))



CAMPAÑA 2019


Queres colaborar ASOCIÁNDOTE a ANABAM?......preme AQUÍ


Queres colaborar como persoa VOLUNTARIA?...............preme  AQUÍ


Desexa AMADRIÑAR/APADRIÑAR un niño de borrelho ou enviar unha APORTACIÓN ECONÓMICA para algún proxecto dos desenvolvidos por ANABAM?...........................................preme AQUÍ


INICIO
DA CAMPAÑA
FIN
DA CAMPAÑA
15/03/201931/07/2019

Cada ano varias decenas de gaivotas aniñan no
núcleo urbano da Guarda

Pero Cantas?
Cantos polos nacen?


Este proxecto pretende dar resposta
a esas preguntas.
A partir de mediados de marzo,
e ata finais do mes de xullo, levaremos
a cabo o traballo de campo que nos
permitirá coñecer datos da nidificación
das gaivotas neste municipio.

Como colaborar?

    1/ Se ves niños de gaivota:
                      Podes enviarnos información (fotos, lugar, data de cando iniciaron a construción do niño, cópulas, se o niño foi eliminado polas molestias que causa, cando naceron os polos; número de polos, etc)

   2/ Colaborando nos censos:
                 Cada semana, a partir de mediados de marzo, dedicaremos un par de días a tomar datos dos niños existentes, para iso situarémonos en certos puntos que nos permitan controlar o maior número de niños posibles. Utilizaremos material óptico (prismáticos e/ou telescopios), fotografía e fotos aéreas (Google Maps).

    
Tes inquedanzas por coñecer a natureza?
Con este proxecto coñecerás mellor  unhas aves
coas que convivimos diariamente.
Isto forma parte da chamada CIENCIA CIDADÁ*

*A ciencia cidadá, involucra ao público xeral nas actividades científicas e fomenta a contribución activa dos cidadáns á investigación a través do seu esforzo intelectual, seu coñecemento xeral, ou as súas ferramentas e recursos.


NIÑOS
REXISTRADOS
POLOS
REXISTRADOS



PARA REMATAR O PROXECTO FALTAN
CONCELLO DA GUARDA
UNIVERSIDADE DE VIGO
WEEDEN FOUNDATION
ENTIDADES COLABORADORAS 2019
Regreso al contenido