PRACTICAS UNIVERSITARIAS - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

PRACTICAS UNIVERSITARIAS

ANABAM
- Un ano máis, ANABAM pon en marcha a posibilidade de que os estudantes da rama de Bioloxía, poidan realizar as súas prácticas nesta asociación.

          -Hai dous períodos de prácticas:
                   1º: Marzo, abril e/ou maio
               2º:  Xuño e/ou Xullo.

A realización das prácticas pode centrarse nunha determinada actividade ou en varias das que máis adiante se sinalan, o cal será determinado pola propia asociación.

-As prácticas poden desenvolverse en calquera zona da bisbarra do Baixo Miño galego-portugués (Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia e marxe portuguesa do río Miño dende Valença ata Afife).

  -Algunhas das prácticas precisan de medio de transporte, polo que se valorará, se fose o caso, este requisito.

  -Inicialmente a xornada diaria é de 5 horas, de luns a venres, tres delas en quendas de mañán, e dúas en quendas de tarde. Ademais, cada fin de semana debe enviarse unha memoria do realizado durante a semana.

  -Para os que teñen que desprazarse dende lonxe, podemos tratar de xestionar a posibilidade de que poidan dispoñer dun albergue gratuíto (compartido) con dereito a cociña.

   - O número máximo de prazas ofertadas é de catro por cada período.

 - Por tratarse dunha ONG conservacionista que destina os seus recursos económicos aos proxectos e accións ambientais que desenvolve, non é posible remunerar as prácticas.

Calquera dúbida ou máis información contactar por
                                 WhasApp: 61 61 80 557
  Ou correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com


PRIMEIRO PERÍODO
(Marzo, abril, maio)
PROXECTO LARUS
ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda.
OBXECTIVO: Recollida de datos relacionados coa nidificación de gaivotas na Guarda.                   
PROXECTO BORRELHO
ZONA DE TRABALLO: Praias do norte portugués.
OBXECTIVO: Protección e estudo da nidificación do Borrelho (Charadrius alexandrinus).
PROXECTO PÍLLARA
ZONA DE TRABALLO: Praia de Camposancos (A Guarda).
OBXECTIVO:Protección e estudo da nidificación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).
PROXECTO EURYNEBRIA
ZONA DE TRABALLO: Praias norte portugués (Camiña-Paçô: 15 quilómetros).
OBXECTIVO:Localización do coleóptero Eurynebria complanata nas praias do norte portugués e recollida de datos.
SEGUNDO PERÍODO
(Xuño, xullo)
PROXECTO LARUS
    ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda. De ser o caso, pódese ampliarse ao municipio de Caminha.
    OBXECTIVO: Recollida de datos relacionados coa nidificación de gaivotas na Guarda.
PROXECTO BORRELHO
         ZONA DE TRABALLO: Praias do norte portugués (dende Camiña ata a praia de Paçô, a 15 quilómetros de Caminha).
       OBXECTIVO: Protección e estudo da nidificación do Borrelho (Charadrius alexandrinus).    
PROXECTO PÍLLARA
    ZONA DE TRABALLO: Praia de Camposancos (A Guarda).
    OBXECTIVO:Protección e estudo da nidificación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).
PROXECTO BEMBIX
    ZONA DE TRABALLO: Praia de Camposancos e Monte Terroso (AGuarda), eventualmente poden ser elexidas outras zonas.
    OBXECTIVO: Recoller información relacionada coa nidificación das avespas escavadoras.
PROXECTO COREMA
    ZONA DE TRABALLO:Piñeiral de Camarido (Camiña).
    OBXECTIVO: Rexistrar o número de plantas de Camariña (Corema album), así como o estado e características de cada exemplar.
PROXECTO VEXETACIÓN DUNAR
    ZONA DE TRABALLO: Praias do norte portugués e Camposancos (A Guarda).
    OBXECTIVO: Inventariar as plantas dunares e valorar o estado no que se atopan.
CENSO COTORRAS
    ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda.
    OBXECTIVO: Recollida de datos relacionados coa nidificación e presenza de cotorras na Guarda.
CENSO DE ANDORIÑAS SE CU BRANCO
    ZONA DE TRABALLO: Baixo Miño.
    OBXECTIVO: Nidificación das diferentes especies de andoriñas que se atopan no Baixo Miño.

NOTA: ANABAM, pode engadir algunha práctica máis no caso de iniciar algún novo proxecto ou estudo durante o período de prácticas.
PROXECTO COREMA
ZONA DE TRABALLO:Piñeiral de Camarido (Camiña).
OBXECTIVO: Rexistrar o número de plantas de Camariña (Corema album), así como o estado e características de cada exemplar.
PROXECTO VEXETACIÓN DUNAR
ZONA DE TRABALLO: Praias do norte portugués e Camposancos (A Guarda).
OBXECTIVO: Inventariar as plantas dunares e valorar o estado no que se atopan.
CENSO COTORRAS DE ARXENTINA
ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda.
OBXECTIVO: Recollida de datos relacionados coa nidificación e presenza de cotorras na Guarda.
CENSO DE ANDORIÑAS DE CU BRANCO
ZONA DE TRABALLO: Baixo Miño galego-portugués.
OBXECTIVO: Nidificación das diferentes especies de andoriñas que se atopan no Baixo Miño.

NOTA: ANABAM, pode engadir algunha práctica máis no caso de iniciar algún novo proxecto ou estudo durante o período de prácticas.
Regreso al contenido