PORTADA 

     A medida que avanzan os meses, o territorio asignado a cada un dos integrantes do Grupo de Traballo de ANABAM vai quedando cuberto. Chegado o ecuador do proxecto realizouse a mostraxe de 188 cuadrículas que comprenden aproximadamente a metade do territorio da bisbarra do Baixo Miño.

 

Grupo de oito membros de xabarís 
(Sus scrofa) na Serra da Groba.
 

SEIS MESES DE FOTOTRAMPEO

NO BAIXO MIÑO

Texto: Noé Ferreira Rodríguez
Fotos: ANABAM
 
15/outubro/2014

     Durante estes seis primeiros meses rexistráronse ata 14 especies de mamíferos entre as que se atopan cabalos, vacas, cans ou gatos, pasando por xabarís, roedores e ourizos ata os animais obxecto de estudo, os mamíferos carnívoros. Entre estes últimos sinalamos a presenza de teixugos, raposos, garduñas, xenetas e visóns. Ademais dos citados, curiosidades como o corzo tamén foron rexistradas polos equipos de fototrampeo

 

 

Cadrículas cubertas no Proxecto Fototrampeo Baixo Miño nos seis primeiros meses (entre o 21 de marzo e o 28 de setembro de 2014).

.

 

 

Puxemos en marcha nestes meses de andaina un blog no que volcar todas aquelas capturas destacables no proxecto ademais de diversa información relacionada co mundo do fototrampeo. O devandito espazo superou en apenas catro meses as 2.000 visitas dende 17 países arredor do globo.

.

 Garduña (Martes foina) atraída polo isco e fotografada no termo municipal do Rosal no verán de 2014 .

 

 Captura de pantalla das visitas ao blog www.fototrampeobm.wordpress.com

      A mediados de agosto foinos roubada unha das cámaras de fototrampeo que tiñamos instaladas en Tui. Estas cámaras son utilizadas polo GT (Grupo de Traballo) de ANABAM para recoller información da fauna baixomiñota e así ter datos reais das especies que, doutro xeito, resultaría moi difícil de coñecer.

    Para unha asociación como ANABAM, o roubo do material que utilizan para os estudos de campo, é un pau moi grande, xa que esta é unha asociación non lucrativa cuxos membros traballan altruistamente para protexer a natureza. A asociación non ten recursos económicos suficientes para poder levar a cabo os seus traballos, na maior parte das veces mesmo os seus integrantes ademais de poñer o traballo, dedicar grande parte do seu tempo libre á natureza e mesmo sacrificando o estar coa familia, chegan a facer fronte cos seus propios aportes económicos.

    Apelamos a que si a persoa que roubou a cámara le isto, estea sensibilizada pola natureza, comprenda o sacrificio que facemos e nola devolva. Temos fe.

 

 

 

 

 

 

ROUBAN UNHA DAS CÁMARAS UTILIZADAS PARA RECOLLER INFORMACIÓN DA FAUNA

 
05/setembro/2014
Texto: Noé Ferreira Rodríguez
Fotos: ANABAM
 
16/xullo/2014
 Cuadrículas nas que se realizou a mostraxe entre o 21 de marzo e o 29 de xuño de 2014 no Baixo Miño no seo do proxecto de “Fototrampeo Baixo Miño"
 Coa lúa chea de xuño, un raposo (Vulpes vulpes) otea o seu territorio dende unha rocha no santuario rupestre do Monte Tetón (Tomiño).

 

 Primeira e única imaxe de corzo (Capreolus capreolus) captada ata o
momento polos equipos de fototrampeo no Baixo Miño.
 Primeiro plano dun merlo (Turdus merula) que alleo ao equipo de fototrampeo arranxa a plumaxe.
 
BIODIVERSIDADE     FOTOTRAMPEO BAIXO MIÑO
 
 FOTOTRAMPEO 1    FOTOTRAMPEO 2    FOTOTRAMPEO 3      FOTOTRAMPEO 4      FOTOTRAMPEO 5
      Conclúe a primeira fase do proxecto de fototrampeo no Baixo Miño con interesantes resultados.

      Co fin de coñecer máis a fondo a fauna que nos rodea, a comezos da primavera de 2014 púxose en marcha o proxecto de fototrampeo no Baixo Miño. Un equipo de sete persoas percorre cuadrícula a cuadrícula os cinco concellos da comarca instalando os equipos que durante cinco días, en cada unha delas, se encargarán de rexistrar todo o que acontece diante do seu campo de acción.

     Coa chegada do verán rematou a primeira fase deste proxecto correspondente á primavera. Durante os tres primeiros meses realizouse a mostraxe de 90 cadrículas repartidas regularmente por toda a comarca baixomiñota.

      Son máis de cinco mil fotos as obtidas ata o momento no proxecto. Entre elas encóntranse curiosas capturas e espectaculares imaxes: un corzo ou un raposo oteando o seu territorio no monte Tetón son algunhas das instantáneas que máis chamaron a atención do equipo de traballo.

      Atraída polo cheiro do isco a fauna obxecto de estudo, os mamíferos carnívoros, son as que rexistran a meirande parte das capturas, especialmente raposos, garduñas e xenetas e, en menor medida, teixugos.

       Ademais desta fauna obxecto de estudo, os equipos rexistran o paso de tódolos animais que pasan ante a cámara. Deste xeito é posible obter rexistros de numerosas aves, réptiles e outros mamíferos como o propio corzo

         Como complemento ao proxecto e pretendendo ser un espazo onde manter actualizada a información referente non só ao proxecto, senón a todo aquilo relacionado co mundo do fototrampeo, puxemos en marcha o blogue: http://fototrampeobm.wordpress.com onde periódicamente volcamos as fotografías máis salientables, novas capturas, información útil á hora de iniciarse na actividade, etc..

    

FIN DO PRIMEIRO TRIMESTRE NO PROXECTO
"FOTOTRAMPEO BAIXO MIÑO"