PORTADA 

      A web de venda de equipos para a observación de fauna fototrampeo.es convocou neste 2014-2015 o V Concurso Internacional de Fototrampeo. ANABAM participou con tres imaxes en dito concurso, quedando a fotografía dun raposo (foto superior) na Serra do Argallo clasificada en segundo lugar na categoría Europea.

O PROXECTO

     FOTOTRAMPEO BAIXO MIÑO é un proxecto posto en marcha por ANABAM con fondos da propia asociación. O obxectivo principal é afondar no coñecemento da fauna do Baixo Miño, especialmente na orde dos mamíferos carnívoros presentes na comarca.  Para logralo estableceuse unha rede de case 400 puntos de mostraxe que serán cubertos ao longo dun ano, dende a primavera de 2014 ata a de 2015.

ANTECEDENTES DA IMAXE

      O aumento, en número e intensidade, de grandes incendios forestais é unha das maiores problemáticas á que nos enfrontamos no eido da conservación. Neste senso, no verán de 2013 un grande incendio afectou a Oia e ao Rosal, calcinando unha superficie dunhas 1.850 hectáreas de monte, reducindo a cinzas o 6% da comarca.

A IMAXE

     En novembro de 2014 instalamos un dos equipos de fototrampeo nunha das cuadrículas arrasadas polo lume pouco máis dun ano antes.

     Dende a localización da cámara, na cabeceira do val do Tamuxe,  se abre unha paisaxe desolada e que pouco a pouco vai recobrando o verdor:

     Cómo consegue sobrevivir a fauna no medio de case 2000 hectáreas arrasadas polo lume? 

     Cómo se recupera a fauna a medida que a nova vexetación brota nas ladeiras destes montes?

     Canto tempo tardará en recuperarse o equilibrio ecolóxico?

     Estas son algunhas das preguntas que grazas á información aportada polos equipos de fototrampeo poderemos obter co paso dos anos.

    A pouco máis de 100 metros da localización da cámara, o cadáver dun cabalo afogado nun depósito de auga foi arroxado ladeira abaixo. 150 kg de carne que atraen á fauna nun terreo escaso de recursos. Entre as capturas o raposo protagonista da imaxe, pero tamén a presenza de garduña (Martes foina) outra das especies que con frecuencia é rexistrada polos equipos de fototrampeo.

 

OBXECTIVO CUMPRIDO

     O obxectivo plantexado á hora de presentarnos a este concurso era dobre: por unha banda promover o proxecto “Fototrampeo Baixo Miño” e por outra conseguir un novo equipo de fototrampeo, premio para o primeiro clasificado.

     Aínda que non foi posible quedar en primeiro lugar consideramos un éxito a cantidade de xente que colaborou votando á imaxe (1.489 votos).

     Agradecemos dende estas liñas a todas as persoas que colaboraron co proxecto votando e compartindo a imaxe.

          Esquerda: Comarca do Baixo Miño, dividida en cadrículas de 1x1 km2 e terreo arrasado polo lume en 2013 (gris). A localización da cámara ven sinalada polo punto vermello.

 

 

     Por segunda vez consecutiva, sufrimos un roubo no municipio tudense, esta vez na parroquia de Areas, onde tiñamos instalada unha das nosas cámaras de fototrampeo. Foi arrancada violentamente do seu soporte e levada. Algunhas persoas demostran con estes feitos non só a falla de respecto ao que non é deles, senón tamén, a súa falta de sensibilidade cara un traballo que se desenvolve a base de dedicar o tempo libre do que dispoñen algunhas persoas en pro da investigación e protección da natureza da comarca.

      Estamos seguros, ao igual que sucedeu coa anterior cámara, que esta non será devolta, máximo se temos en conta que foi arrincada violentamente do seu soporte. A unha asociación que se sufraga principalmente con donativos e cuotas dos socios, estes feitos supoñen un pau moi grande para as súas arcas, xa que haberá que empregar novos cartos en adquirir unha nova cámara, cando estes cartos poderían dedicarse a outros proxectos de investigación e protección. Isto ´sucede porque hai persoas que, ademais dunha carencia de educación e sensibilidade, pensan que todo é deles. Será o que lles ensinaron de pequenos.

 

 

 

     O pasado 21 de decembro rematou o terceiro trimestre do proxecto Fototrampeo Baixo Miño, dando inicio á derradeira fase do mesmo. Durante estes nove meses levamos efectuadas unhas 300 mostraxes repartidas polos cinco concellos da comarca nas que obtivemos máis de 20.000 fotografías.

     Este último trimestre de outono estivo marcado pola gran afluencia de xente nos montes coa chegada da recolección de cogomelos e a tempada de caza que aínda se estenderá ata o próximo 8 de febreiro co raposo.

     O blogue que dedicamos ao proxecto dende o mes de maio, segue sumando seguidores e visitas e xa son máis de 4000 as visualización feitas ate o momento dende 20 países.

     Ao igual que en anteriores ocasións, o proxecto deixounos fermosas instantáneas da fauna da comarca, principalmente carnívoros, que se achegan ata os equipos de fotografía atraídos polo isco.

      Á esquerda, situación das cuadrículas nas que se realizou a  mostraxe no proxecto “Fototrampeo Baixo Miño” con data de 12 de decembro de 2014

 

 

 

UN RAPOSO NO LOUSADO SEGUNDO CLASIFICADO  NA CATEGORÍA EUROPEA DO V CONCURSO INTERNACIONAL DE FOTOTRAMPEO

Texto: Noé Ferreira Rodríguez
Fotos: ANABAM
 
03/marzo/2015

SEGUNDA CÁMARA QUE ROUBAN EN TUI

03/marzo/2015

RECTA FINAL NO PROXECTO FOTOTRAMPEO BAIXO MIÑO

Texto e fotos: Noé Ferreira Rodríguez
 
20/xaneiro/2015

        O territorio asignado a cada un dos membros do Grupo de Traballo vai quedando cuberto co avance das quendas.

 

 

 

 
BIODIVERSIDADE     FOTOTRAMPEO BAIXO MIÑO
 
 FOTOTRAMPEO 1    FOTOTRAMPEO 2    FOTOTRAMPEO 3      FOTOTRAMPEO 4      FOTOTRAMPEO 5