PORTADA 
     O fototrampeo, como método de estudo, forma parte dos nosos traballos de campo dende o verán de 2013. Nese ano, cun único equipo, realizamos o seguimento de depredadores durante a tempada reprodutiva da píllara das dunas en Portugal. No 2014 aumentamos o material dispoñible e, xa con 9 equipos, ao longo dun ano efectuamos case 400 mostraxes cubrindo a totalidade da comarca do Baixo Miño.

     Grazas a estes traballos coñecemos máis sobre a distribución dos carnívoros da comarca, recollendo datos doutras especies como o corzo, do que apenas tíñamos coñecemento da súa situación no Baixo Miño. 

     Por falla de experiencia previa, unha das principais dificultades coas que nos atopamos foi establecer o método de traballo máis axeitado para as peculiaridades da zona de estudo: hábitat moi fragmentado, vertebrado por numerosas vías de comunicación e cunha poboación dispersa que fai da comarca un territorio altamente humanizado.

      Con vistas a optimizar e homoxenizar futuros estudos, puxemos en marcha dende este mes de xaneiro (2016) un novo proxecto de fototrampeo. Catro membros do grupo de traballo se encargarán de efectuar máis dun cento de mostraxes ao longo deste ano.A través das mesmas, pretendemos establecer un estandarizado o noso traballo e adaptalo ás peculiaridades da comarca e a súa fauna. Para logralo valoraremos, entre outras, a efectividade de distintos cebos utilizados en traballos de fototrampeo na Península Ibérica, establecer o tempo mínimo de mostraxe ou determinar a unidade mínima de mostraxe para as distintas especies presentes na comarca.

 

 

NOVO PROXECTO DE FOTOTRAMPEO NO BAIXO MIÑO

 

Texto: Noé Ferreira Rodríguez
Fotos: ANABAM
 
15/marzo/2016

     Coa chegada da primavera cumpriuse un ano dende que ANABAM puxera en marcha o proxecto "Fototrampeo Baixo Miño". Ao longo deste tempo de traballo, realizáronse un total de 396 mostraxes na bisbarra do Baixo Miño utilizando nove equipos para tal fin. Os datos rexistrados equivalen a un un total de 1.893 días de rexistro da actividade da nosa fauna.

      Por diante ven a tarefa de procesar as máis de 26.500 fotografías obtidas durante este ano e que comezan a arroxar os primeiros resultados.

     Na imaxe que acompaña este texto podemos ver os puntos quentes da fauna de mamíferos carnívoros na comarca e que poden constituír a base de futuros plans de conservación dos hábitats de maior riqueza na rexión

    Os datos obtidos corresponden a un total de cinco especies de carnívoros dos que, a partir de cinco días de mostraxe en cada cuadrícula (UTM, 1 x 1 Km), coñecemos a súa frecuencia na área de estudo. Pero ademais destas especies, outras como aves e réptiles ou xabarís, corzos asi como outros animais asociados ao home: vacas, cabalos, ovellas, cans e gatos, formaron parte das fotografías obtidas polos equipos de fototrampeo.

     O blog posto en marcha para difundir a evolución e os resultados do proxecto acadou neste mes de xuño as 5.000 visitas. O traballo de campo concibiuse coma unha actividade aberta, na que  permitiu que todas aquelas persoas interesadas en coñecer o fototrampeo como técnica de estudo, puideran acompañarnos coñecendo a riqueza da nosa fauna. Deste xeito, ademais dos integrantes do grupo de traballo, que dedicaron de xeito altruísta o seu tempo á colocación dos equipos, ao redor dunhas vinte persoas participaron, en maior ou menor medida, a desenvolver este proxecto.

 

 

      A mediados deste mes de marzo recibiamos unha chamada en ANABAM informándonos do achádego dos restos dunha das nosas cámaras de fototrampeo. A interlocutora foi unha rapaza de Areas, María, que observou "algo" no regato Regueiros. Sabía que hai unhas semanas  desaparecera unha das nosas cámaras nesa parroquia, polo que, de inmediato púxose en contacto con nós para comunicarnos o achádego.

     O membro de ANABAM, Javier Sánchez, responsable da colocación da cámara, trasladouse ata Areas para confirmar  que se trataba dunha das nosas cámaras, como así foi. Desapareceran as pilas e a tarxeta, e da cámara só quedaba parte da carcasa, xa que fora totalmente esnaquizada.

     Noso agradecemento á rapaza que se preocupou en notificarnos o achádeo e a nosa repulsa a ese mal nacido que parece ter vido a este mundo só para facer o máximo dano posible.

 

 

     Á esquerda, estado no que se atopou a cámara, ou mellor dito, os restos da cámara. Como se aprecia, totalmente esnaquizada e sen posibilidade de arranxo e reutilización. O suxeito que fixo isto, ensañouse de forma enfermiza co aparello ata deixalo completamente inservible.

 

PRIMEIROS DATOS DA ANÁLISE DO PROXECTO, LOGO DE REMATADO

Puntos quentes da fauna de mamíferos carnívoros no Baixo Miño definidos a través do resultados do proxecto “Fototrampeo Baixo Miño”.

Texto: Noé Ferreira Rodríguez
Fotos: ANABAM
 
07/xuño/2015

ATOPADA A CARCASA DA CÁMARA ROUBADA E ESNAQUIZADA EN AREAS (TUI)

Texto: Agustín Ferreira
Fotos: ANABAM
 
25/marzo/2015
 
BIODIVERSIDADE     FOTOTRAMPEO BAIXO MIÑO
 
 FOTOTRAMPEO 1    FOTOTRAMPEO 2    FOTOTRAMPEO 3      FOTOTRAMPEO 4      FOTOTRAMPEO 5