A NATUREZA NECESITA DE TI
PROXECTO PÍLLARA/ BORRELHO
DESCRIPCIÓN:
Esta actividade consiste en desenvolver medidas de protección da píllara das dunas/borrelho-de-coleira-interrompida
(Charadrius alexandrinus) e de observación e estudo do seu comportamento.
Para a protección hai que
trasladar o material ata onde se atope o niño. Alí montar a gaiola e poñer o perímetro de seguridade.
Informar aos usuarios da praia, etc.
ZONAS DE TRABALLO:
En Caminha (Praias da Foz, Camarido, Moledo, Vila Praia de Âncora, Gelga) e
Viana do Castelo (praias de Afife, Arda e Paçô).
Na Guarda, praia de Camposancos.
PERÍODO:
Dende o 15 de abril ata finais de xullo.
DESCRIPCIÓN:
Consiste na realización dun censo de nidificación de gaivotas así como dos polos nacidos
e algunhas observacións.
ZONAS DE TRABALLO:
Núcleo urbano da Guarda e núcleo urbano de Caminha.
PERÍODO:
Dende o 1de maio ao 15 de agosto.
DESCRIPCIÓN:
Consiste nun censo de exemplares de camariña (Corema album) así como desenvolver algunhas
medidas de protección e divulgación. Para iso se protexerán algúns pes e se colocarán carteis divulgativos nos mesmos.
ZONAS DE TRABALLO:
Piñeiral da praia de Camarido (Mata Nacional de Camarido) en Caminha.
PERÍODO:
Dende o 1de maio a 15 de setembro.
DESCRIPCIÓN:
Consiste na realización dun censo de nidificación de niños de andoriña de cu branco (Delichon
urbica) e toma dalgúns datos.
ZONAS DE TRABALLO:
Bisbarra do baixo Miño, tanto na marxe galega como na portuguesa.
PERÍODO:
Dende o 1de maio ao 31 de xullo.
DESCRIPCIÓN:
Esta actividade ten un certo carácter científico xa que se trata de tomar datos do comportamento
e alimentación das avespas escavadoras do xénero Bembix así como da fauna asociada a elas.
ZONAS DE TRABALLO:
Praia de Camposancos (A Guarda).
Monte Terroso (A Guarda)
PERÍODO:
Dende o 20 de maio ao 15 de agosto.
DESCRIPCIÓN:
Consiste en tomar datos das poboacións de Honckenya peploides.
ZONAS DE TRABALLO:
Praias do norte portugués (véxanse as citadas no Projeto Borrelho) e nunha
pequena praia de Mougás (Oia).
PERÍODO:
Dende o 1de maio a 1 de agosto.
VOLUNTARIADO:
A continuación damos unha relación das principais actividades nas que pode traballar
o voluntariado.
As persoas interesadas teñen que cubrir a ficha (PREME AQUÍ) e enviala a ANABAM por correo electrónico
(anabam.anabam@gmail.com).
PROXECTO COTORRAS DE AXENTINA
DESCRIPCIÓN:
Censo de cotorras de arxentina e área de distribución da mesma no municipio da Guarda..
ZONAS DE TRABALLO:
Municipio da Guarda
PERÍODO:
Pode facerse ao longo do ano.