Sabes que coa axuda do VOLUNTARIADO conseguimos que sairan adiante MÁIS DE CEN POLOS DE PÍLLARA DAS DUNAS?
E sabes que ademais conseguimos que NACERAN MÁIS DE TRESCENTOS polos?
Sabías que no ano 1980 a planta Otanthus marítimus estaba practicamente extinguida na praia de Camposancos (A Guarda) e grazas
ao voluntariado hoxe contamos con máis de 200 pes da mesma?
Sabías que coa axuda do voluntariado creamos o primeiro "bosque" da península para unha bolboreta?
A Charaxes jasius é unha das bolboretas máis grandes da Península Ibérica, necesita dos érbedos para subsistir. No ano 2006 levamos
a cabo este proxecto coa axuda de máis de cen voluntarios.
VOLUNTARIADO AMBIENTAL
COLABORACIÓNS
Que pode facer o voluntariado de ANABAM?
Traballar na protección activa da píllara das dunas/borrelho-de-coleira-interrompida, tanto na praia de Camposancos
(A Guarda) como nas do norte portugués.
Colaborar nos censos de nidificación de gaivotas, tanto no concello da Guarda, como nos de Caminha.
Levar a cabo periodicamente a prospección costeira na procura de varamentos de cetáceos ou tartarugas varadas
na costa do Baixo Miño.
Censar os niños de andoriña das barreiras no Baixo Miño galego-portugués.
QUERES BOTAR UNHA MAN COMO VOLUNTARI@ EN ANABAM?