PRIMEIRO PERÍODO
(Marzo, abril, maio)
PROXECTO LARUS
ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda.
OBXECTIVO: Recollida de datos relacionados coa nidificación de gaivotas na Guarda.
PROXECTO BORRELHO
ZONA DE TRABALLO: Praias do norte portugués.
OBXECTIVO: Protección e estudo da nidificación do Borrelho (Charadrius alexandrinus).
PROXECTO PÍLLARA
ZONA DE TRABALLO: Praia de Camposancos (A Guarda).
OBXECTIVO:Protección e estudo da nidificación da píllara
das dunas (Charadrius alexandrinus).
PROXECTO EURYNEBRIA
ZONA DE TRABALLO: Praias norte portugués (Camiña-Paçô: 15 quilómetros).
OBXECTIVO:Localización do coleóptero Eurynebria complanata nas praias do norte portugués e recollida de datos.
PROXECTO COREMA
ZONA DE TRABALLO:Piñeiral
de Camarido (Camiña).
OBXECTIVO: Rexistrar o número de plantas de Camariña (Corema album), así como o estado e características de cada
exemplar.
PROXECTO VEXETACIÓN DUNAR
ZONA DE TRABALLO: Praias do norte portugués e Camposancos (A Guarda).
OBXECTIVO: Inventariar as plantas dunares e valorar o estado no que se atopan.
CENSO COTORRAS DE ARXENTINA
ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda.
OBXECTIVO: Recollida
de datos relacionados coa nidificación e presenza de cotorras na Guarda.
CENSO DE ANDORIÑAS DE CU BRANCO
ZONA DE TRABALLO: Baixo Miño
galego-portugués.
OBXECTIVO: Nidificación das diferentes especies de andoriñas que se atopan no Baixo Miño.
NOTA: ANABAM, pode engadir
algunha práctica máis no caso de iniciar algún novo proxecto ou estudo durante o período de prácticas.
- Un ano máis, ANABAM pon en marcha a posibilidade de que os estudantes da rama de Bioloxía, poidan realizar
as súas prácticas nesta asociación.
-Hai dous períodos de prácticas:
1º: marzo, abril e maio
2º: xuño, xullo e primeira quincena de agosto.
A realización das prácticas pode centrarse nunha determinada actividade
ou en varias das que máis adiante se sinalan, o cal será determinado pola propia asociación.
-As prácticas poden desenvolverse
en calquera zona da bisbarra do Baixo Miño galego-portugués (Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia e marxe portuguesa do río Miño dende
Valença ata Afife).
-Algunhas das prácticas precisan de medio de transporte, polo que se valorará, se fose o caso, este
requisito.
-Inicialmente a xornada diaria é de 5 horas, de luns a venres, tres delas en quendas de mañán, e dúas
en quendas de tarde.
-Para os que teñen que desprazarse dende lonxe, existe a posibilidade de que poidan dispoñer
dun albergue gratuíto (compartido) con dereito a cociña.
- O número máximo de prazas ofertadas é de catro.
- Por tratarse dunha ONG conservacionista que destina os seus recursos económicos aos proxectos e accións ambientais que desenvolve,
non é posible remunerar as prácticas.
Calquera dúbida ou máis información contactar por
Móbil: 61 61 80 557
correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
Ou por Whatssapp.
SEGUNDO PERÍODO
(Xuño, xullo, 1ª quincena agosto)
PROXECTO LARUS
ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda.
OBXECTIVO: Recollida de datos
relacionados coa nidificación de gaivotas na Guarda.
PROXECTO BORRELHO
ZONA DE TRABALLO: Praias do norte portugués.
OBXECTIVO: Protección e estudo da nidificación do Borrelho (Charadrius alexandrinus).
PROXECTO PÍLLARA
ZONA DE TRABALLO: Praia de Camposancos (A Guarda).
OBXECTIVO:Protección e estudo da nidificación da píllara das dunas
(Charadrius alexandrinus).
PROXECTO BEMBIX
ZONA DE TRABALLO: Praia de Camposancos e Monte Terroso (AGuarda).
OBXECTIVO: Recoller información relacionada coa nidificación das avespas escavadoras.
PROXECTO COREMA
ZONA DE TRABALLO:Piñeiral de Camarido (Camiña).
OBXECTIVO: Rexistrar
o número de plantas de Camariña (Corema album), así como o estado e características de cada exemplar.
PROXECTO VEXETACIÓN DUNAR
ZONA
DE TRABALLO: Praias do norte portugués e Camposancos (A Guarda).
OBXECTIVO: Inventariar as plantas dunares e valorar o estado no que
se atopan.
CENSO COTORRAS
ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda.
OBXECTIVO: Recollida de datos relacionados coa nidificación e presenza
de cotorras na Guarda.
CENSO DE ANDORIÑAS SE CU BRANCO
ZONA DE TRABALLO: Baixo Miño.
OBXECTIVO: Nidificación das diferentes especies
de andoriñas que se atopan no Baixo Miño.
NOTA: ANABAM, pode engadir algunha práctica máis no caso de iniciar algún novo proxecto
ou estudo durante o período de prácticas.
PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS
E DE CICLOS FORMATIVOS EN ANABAM-2018