Diante da alarmante diminución de niños de andoriña de cu branco (Delichon urbica) por
causas humanas, ANABAM decidiu retomar neste ano 2018, a campaña de protección de niños desta especie, para tratar de concienciar
á cidadanía na protección e conservación dos mesmos.
O lugar de
actuación da campaña será a bisbarra galego-portuguesa do Baixo Miño, conformada do seguinte xeito:
-MARXE
GALEGA: Municipios de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia.
-MARXE PORTUGUESA: Núcleos urbanos de Valença
do Minho, Vila Nova de Cerveira, Caminha, Moledo e Vilapraia de Áncora, así como o resto das feligresías destes municipios con límite
na estrada nacional 13.
PROTEXAMOS ÁS ANDORIÑAS DE CU BRANCO, é o lema da campaña. Coa mesma non
só se pretende preservar a estas aves do alarmante descenso que teñen na bisbarra baixomiñota, senón que grazas a elas, tamén apoiamos
ao comercio local dunha e doutra banda do Miño. Neste senso, ANABAM sorteará ao final da tempada, (primeira quincena de setembro),
300 euros para invertir polos premiados nos establecementos que eles elixan, dos que se sumen á campaña.
QUE TEÑEN QUE
FACER OS ESTABLECEMENTOS?
Calquera establecemento comercial enviará un
whatsApp (61 61 80 557) ou un correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com) a esta asociación solicitando a súa inclusión na campaña
e deberá colocar nun sitio visible do seu establecemento, que dea ao exterior, o cartel que se lles fará chegar anunciando a campaña.
Sumarse a esta campaña é totalmente gratuíto, polo que o establecemento non terá que pagar nada. Os nomes dos establecementos figurarán na
páxina web de ANABAM.
QUEN PODE PARTICIPAR NA CAMPAÑA?
Calquera persoa que resida ou sexa propietaria
dun piso, edificio, etc, no que haxa niños de andoriña de cu branco, sempre que o edificio estea na bisbarra do Baixo Miño, e
envíe un whatsApp (61 61 80 557) ou un correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com) cos seguintes datos:
a/ Unha foto da fachada onde se vexa claramente a localización do niño .
b/ Se comprometa a respectar o niño durante toda a tempada.
c/ Envíe as
datas correspondentes a:
1/ Cando
chegaron as andoriñas (se non se sabe con certeza, que sexa o máis aproximado posible);
2/ Cando se empezaron a ver as crías no niño e
3/ Cando abandonaron o niño.
PRAZO PARA OS ESTABLECEMENTOS QUE SE QUEIRAN SUMAR Á CAMPAÑA:
Remata o 15 de abril do presenta ano 2018.
PRAZO PARA AS PERSOAS QUE QUEIRAN PARTICIPAR:
Remata o 15 de maio do presenta
ano 2018.
O PREMIO
Entre as persoas participantes, ANABAM sorteará tres premios consistentes en tres cheques de 100 euros cada un para para ser empregados nalgún ou nalgúns dos establecementos que se sumen á campaña.
SUPERVISIÓN
Periodicamente membros de ANABAM supervisarán o cumplimento real das bases por parte dos participantes.
IMPREVISTOS
Calquera dúbida ou aclaración que xurda, poden dirixirse a ANABAM.
Esta asociación resolverá calquera circunstancia ou imprevisto que non figure nestas bases.
A participación
implica a total aceptación das bases.
NOTA: A diferenza entre a andoriña común e a andariña de cu branco pode consultarse premendo AQUÍ