CARBALLO VERDE (III)
(VILAR-TOMIÑO)
En ANABAM debemos ser moi nostálxicos, así que decidimos que unha parte da sobreira tiña que estar con nós, sobre todo, porque un dos membros do grupo de traballo da asociación, Ricardo da Silva (na fotografía agachado á dereita) se empeñou e levou a cabo tódalas xestións e, por suposto, o transporte da mesma.
Hoxe, parte desta "histórica" sobreira tomiñesa áchase na Estación Ornitolóxica "Esteiro do Miño", formando parte da exposición permanente que alí hai.
Pensar que un exemplar tan especial pasaría a ser simple leña producíame certo desacougo, e neses pensamentos andaba cando comezou a debuxárseme unha idea na cabeza, aproveitar o tronco da sobreira como elemento estético e darlle unha segunda vida.
Faleino cos compañeiros do grupo de traballo de ANABAM e resolvemos que presentara esta a proposta noconcello tomiñés. A alcaldesa recibiume agradecendo a suxestión, polo que deu comezo o que se podería chamar ‘Operación sobreira’, e que estaría a cargo do concelleiro do medio rural Xosé Lois Vázquez Calvo.
O día 5 de novembro os operarios da empresa SSal iniciaban as labouras de corta. Sabiamos que canta máis sobreira puidésemos conservar máis espectacular sería o que con ela se fixese, pero tiñamos varios inconvintes sendo o principal o camiño de acceso ata a sobreira. Era este moi estreito e á góndola (camión cun remolque baixo e en conxunto moi longo) que debía quitalo, salvaba os mutros por escasamente 10 cm de cada lado do camiño, ademais, este camiño remataba xustamente onde estaba a sobreira e o espazo para traballar era. en consecuencia, reducido.
Logo dunha detallada observación, decidiuse un tamaño mínimo a conservar e unha vez cortadas as pólas sobrantes, un camión grúa con capacidade para levantar aproximadamente 10.000 quilos, moveu e colocou de pe no camiño a sobreira; isto sucedeu o día 6. Xa pola tarde entrou a góndola marcha atrás para cargar a sobreira, cousa ben difícil xa que a grúa so era capaz de elevar parte do tronco.
Conseguiuse subir a sobreira na góndola despois de moitos esforzos, tiñan que xirala no camión para que non sobresaíse polos laterais o cal foi imposible polo peso do tronco. A única solución era traer outra maquina que axudase nesta operación.
O día seguinte, 7 de novembro, entre as dúas maquinas, conseguiron xirala e transportouse a sobreira o lateral do campo de fútbol do Alivio, onde permanecerá de forma provisional á espera do seu futuro.
Remata pois aquí esta 1ª parte da operación sobreira.
Este toro pertence á sobreira que había en Vilar, Tomiño, e que era coñecida popularmente polo nome de "carballo verde",
aínda que de carballo non tiña nada. Como comentamos máis abaixo, o 26 de setembro do pasado ano, esta árbore centenaria deu por rematada
a súa existencia, logo de máis de 300 anos vendo pasar varias xeracións de "vilarenses", pois a súa ubicación achábase no barrio tomiñés
de Vilar.
Cargando no camión, con roupa azul Victoriano o conductor do mismo.
Comezando pola esquerda da foto Víctor, Luís, Cesareo e Rubén operarios e propietario da empresa Ssal xunto ao concelleiro de Medio
rural Xose Lois.