ANDORIÑAS DE CU BRANCO
NO BAIXO MIÑO
TUI: PRINCIPAL ZONA DE ANIÑAMENTO DA ANDORIÑA DE CU BRANCO
A GUARDA
Na década dos sesenta e setenta, no centro do núcleo urbano guardés podían verse moitoses
edificios con niños de andoriña de cu branco. Por poñer un exemplo, na arteria principal da vila guardesa, a que hoxe forman a rúa
Galicia e a rúa Puerto Rico, non existe ningún edificio que acolla niños desta especie, cando hai pouco máis de 40 anos
era raro o edifico que non tiña algún. Levamos, pois, máis de 40 anos, sen rexistrar niños desta avenesa estrada. A finais
do século pasado, na década dos noventa, só había un niño rexistrado na rúa Calvario desa mesma localidade, paradoxalmente estaba
situado no edifico onde se atopaba o local de ANABAM. pero este niño tivo corta vida, uns dous anos, porque foi
destruído polos electricistas que colocaron un cable pola fachada. A primeiros da década deste século, na rúa Oliva, do mesmo concello,
tamén tiñamos rexistrado un niño, que foi destruído posteriormente cando se pintou a fachada. Hoxe resulta verdadeiramente
difícil atopar nesta vila niños desa especie.
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
e
arquivo anabam
A parte nova de Tui é, posiblemente, un dos lugares de maior concentración de niños de andoriñas de cu branco do Baixo Miño. Moitos
deles son destruídos polos residentes dos pisos debido ás molestias ocasionadas polos excrementos. Pero a algunhas persoas non
lles importan ter os niños e ata esperan a chagada das andoriñas. Algunhas, para evitar as molestias que ocasionan os excrementos,
toman sinxelas medidas, como pode ser colocar unha pantalla baixo os niños.
MARXE PORTUGUESA
Ao contrario do que sucede na beira galega, pódese dicir que
en tódalas feligresías da marxe portuguesa do Miño aniñan as andoriñas de cu branco, sen excepción algunha. Ata hai uns anos,
o número de edificios con presenza de niños era ben patente, pero nestes últimos doce anos a destrución dos mesmo se acrecentou
notablemente, como puidemos comprobar en Caminha, Seixas, Vila Nova de Cerveira, San Pedro da Torre, etc.
PROXECTO "ANDORIÑA"
Vendo que o número de niños presente no Baixo Miño estaba
a diminuir pola acción humana, no ano 2001 iniciamos o Proxecto Andoriña", co que comezamos a desenvolver un seguimento especial
da nidificación desta especie na bisbarra.
Ademais, durante cinco tempadas (2006, 2007, 2008,
2009 e 2010) realizamos campañas de protección e conservación dos niños desta especie, que retomamos neste mesmo ano 2018, no que
sorteamos tres centos euros en cada unha delas.
CENSOS DE NIÑOS
No ano 2004 procedemos a realizar un primeiro censo de niños
de andoriña de cu branco nas poboacións que aparecen no cadro adxunto, limitándonos ao casco urbano. Censo que se repetiu no
ano 2017 pero con maior esforzo e cubrindo unha maior superficie, mesmo desprazándonos ao extrarradio, polo que a prospección foi
máis intensa e os resultados amosan 180 niños para o ano 2004 fronte aos 288 para o ano 2017. A priori, pois, parece que a poboación
de andoriñas non só se mantén senón que aumentan os seus efectivos. Nada máis lonxe da realidade. Este bo resultado comparativo obedece,
como dixemos con anterioridade, ao maior esforzo prospectivo realizado no último dos anos citados.
Cabe
sinalar que os niños rexistrados son aqueles que estaban ocupados, polo tanto con crías ou incubación, e os que se vían completos,
descartando (aínda que si se rexistraron) as siluetas correspondentes a niños destruídos ou en construcción e os incompletos debido
á posible destrución dos mesmos ou que se achaban tamén en construción.
|
2004 |
2017 |
AUMENTO (A)
DIMINUCIÓN (D)
|
% |
TUI |
108
|
87 |
D: 21 |
D: 19,45% |
VALENÇA |
?? |
116 |
?? |
?? |
SAN
PEDRO DA T. |
?? |
6 |
?? |
?? |
VILA NOVA C. |
17 |
25 |
A: 8 |
A: 47,05% |
LANHELAS |
2 |
0 |
D: 2 |
D: 100% |
SEIXAS |
?? |
5 |
?? |
?? |
CAMINHA |
30 |
49 |
A:
19 |
A: 63,33% |
MOLEDO |
17 |
?? |
?? |
?? |
VILA PRAIA DE A. |
6 |
?? |
?? |
?? |
NOVO CENSO PARA ESTE ANO 2018
Dentro dos traballos de campo previstos por ANABAM
para para este ano 2018, está a realización dun novo censo de niños de andoriña de cu branco en tódalas poblacións que figuran no
cadro, ademais de intentar comprobar se na Guarda, Oia, O Rosal, Goián e Tomiño se observa algún niño. O esforzo que se fará será
similar ao do pasado ano co fin de corroborar os datos obtidos. O censo terá lugar a partir do vindeiro mes de abril.
Esta actividade está aberta á colaboración das persoas que queiran botar unha man, para iso poden dirixirse a esta asociación a través
do:
ou whatsapp: 61 61 80 557
OIA, TOMIÑO E O ROSAL
Aínda que nestes concellos temos observado voar andoriñas de cu branco, ata o de agora
non rexistramos ningún niño da especie nos mesmos, polo que nesta tempada, que comezará a finais de febreiro, trataremos de ver se
atopamos algún.
TUI
De tódolos concellos baixomiñotos desta parte dereita do Miño, Tui é un
caso aparte. A meirande parte dos niños rexistrados concéntranse no centro do núcleo urbano. Aí temos rexistrado no ano
2017, 87 niños, pero no ano 2004 foron 108. Persoalmente lembramos que dende mediados da década dos sesenta e ata finais
dos setenta, en case tódolos edificios da Corredera había un ou máis niños. Na actualidade, é difícil atopar algún nesta
rúa. Os últimos foron destruídos no primeiro quinquenio deste século. Case todos os existentes na actualidade, están concentrados
na parte nova, ou sexa nos edificios próximos á Área Panorámica-centro Saúde.
Parte traseira da Área panorámica (Tui). Aquí, o número de niños de andoriña de cu branco foi sempre numeroso. Estes se sitúan
baixo o beiral do tellado.