|
SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín
Franganillo"
-INSECTOS -
|
|
Vanessa virginiensis
Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo
Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista
Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira
Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez, Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo
Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz., Ángeles
Villasenín Álvarez |
IR Á
PORTADA
|
|
|
Actualizada o 25.10.2012 |
|
|
|
|
Texto:
Agustín Ferreira Lorenzo |
|
|
Laura Lago, fotógrafa naturalista colaboradora de ANABAM, observou e
fotografou por primeira vez Vanessa virginiensis no Niño do Corvo,
O Rosal, sendo a segunda cita para o Baixo Miño desta especie. O
acontecemento tiña lugar no mes de setembro do ano 2008.
(Fotografía: Laura Lago). |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ata a década dos noventa descoñecíase
a súa presenza no NW peninsular. Os núcleos onde estaba citada apenas
chegaban á ducia. A súa área de distribución situábase en Norteamérica e
nas illas Canarias e Madeira. Ao parecer, debeu chegar ao litoral
atlántico portugués e, de aí, establecer os núcleos citados.
En Galiza segue a ser
extremadamente escasa. Posiblemente a súa poboación estea en expansión.
(Fotografía: Laura Lago) |
|
|
|
|
|
|
|
Actualizado o 30-09-2008 |
O
ENTOMÓLOGO SUSO REQUEJO DA A PRIMEIRA CITA DE
Vanessa virginiensis PARA O BAIXO
MIÑO
Foto: Kim Davis e
Mike Stangeland |
Foto: Mauro
A. Fuentes |
DIFERENCIAS ENTRE Vanessa virginiensis (esquerda) E Vanessa
cardui (dereita):
As dúas
bolboretas teñen claras diferencias no reverso das ás. As máis
chamativas e notorias
son as que están marcadas coas frechas.
|
Foto: Kim Davis e Mike
Stangeland |
Foto: Belen Bueno Cuesta |
DIFERENCIAS ENTRE Vanessa virginiensis (esquerda) E Vanessa
cardui (dereita):
Cando
están pousadas coas ás abertas, a V. virginiensis, ten unha
manchiña branca mentras que V. cardui carece dela.
|
Agradables e interesantes sorpresas segue deparándonos o estudio das
bolboretas do Baixo Miño. Segundo acaba de informarnos o entomólogo Suso
Requejo --quen está a colaborar con ANABAM no estudio das bolboretas da
comarca-- o Baixo Miño conta cunha nova especie.
Trátase da bolboreta Vanessa virginiensis (moi parecida a Vanessa
cardui, esta moi común e cuxas diferencias entre unha e outra damos máis
arriba). É unha especie
extremadamente rara non só no Baixo Miño ou en Galicia, senón aínda, na
Península, onde soamente se atopan unhas poucas poboacións desta bolboreta. Transcribimos a nota que nos enviou Suso Requejo polo interese da
mesma:
"Tal
como vos comentei, na miña última mensaxe, atopamos na comarca varios
exemplares de Vanessa virginiensis,
grazas ao colaborador José Luis Álvarez Gándara, que foi capaz de fotografar
un exemplar no xardín da súa casa.
Esta bolboreta, orixinaria de América, ten colonias en Portugal dende fai
anos e só era cuestión de tempo atopala no sur de Galicia. Afortunadamente
apareceu no Baixo Miño, e pasa a sumarse á lista do proxecto que xa conta
con 73 especies.
Esta
bolboreta vive como adulto, si o tempo acompaña, ata finais de novembro;
polo que é moi probable que apareza noutras partes da comarca.
Aos
adultos gústanlle moito as flores olorosas e soen aparecer sobre algunhas
especies moi atraintes para elas. Dúas destas
son as Lantanas e as Buddleias, dous xéneros de plantas que
moita xente ten
nos seus xardíns precisamente para atraer un gran número
de especies de bolboretas. Si sabedes onde hai exemplares destas plantas,
non dubidedes en visitalas de cando en vez para fotografar as bolboretas
pousadas; precisamente sobre unha buddleias
apareceron dous dos exemplares atopados -o terceiro sobre unhas flores de
trevo-. Agora hai poucas flores silvestres, e as bolboretas acuden ás
plantas aromáticas como as abellas
ao
mel.
Tamén, tal como xa vos
comentei, si podemos atopar a súa planta nutricia,
Gnaphalium luteo-album,
poderiamos buscar as súas larvas e demostrar a súa colonización na zona.
Como
moitos de vos sabedes existe outra Vanessa moi parecida e moi común en
Galicia, que tamén está
voando nestas datas
e que liba das mesmas flores,
Vanessa cardui.
Douvos
dúas claves que ás diferencian con relativa facilidade:
1º
A V. virginiensis ten dous ocelos moi grandes no reverso das ás posteriores;
mentres que a V. cardui ten catro ou cinco moito mais pequenos.
2º
A V. virginiensis ten un punto branco dentro da mancha laranxa das ás
anteriores mais próxima ao marxe; esta mancha pódese ver tanto polo anverso
como polo reverso. A V. cardui carece deste punto branco.
A
Lantana forma un arbusto moi florido que resulta altamente atrainte para as
bolboretas.
Laura Lago xa vira e fotografara esta bolboreta no mes de setembro deste ano
2008 no Niño do Corvo (O Rosal). Agustín Ferreira-ANABAM, tamén observara un
exemplar desta especie na subida ao Niño do Corvo a
principios deste mes de setembro de 2008, mentres andaba á procura de datos
doutra bolboreta a Charaxes jasius, e se ben lle chamou a atención os
grandes ocelos, non lle deu máis importancia por considerar que se trataba
da Vanessa cardui. Grazas á información de máis arriba, facilitada
por Suso Requejo, decatouse de que o exemplar observado, era V.
viginiensis. |
Actualizado o 30-09-2008 |
Laura lago
fotografando bolboretas nos Muíños do Folón. (Foto: Agustín Ferreira
Lorenzo-anabam)
Logo da mensaxe enviada polo entomólogo e colaborador de ANABAM, Suso
Requejo, hai poucos días, xa temos no Baixo Miño unha nova
localización da bolboreta Vanessa virginiensis, o que podería sinalar
que esta bolboreta puidera ser máis común do que en principio cabería
pensar.
Laura Lago, excelente fotógrafa das bolboretas, como nolo ten demostrado
coas súas magníficas fotografías, ven de confirmar a presencia de V.
virginiensis nunha zona do Rosal.
V. virginiensis, é unha bolboreta de tamaño medio, moi parecida a
V. cardui, esta última moi común en todo o Baixo Miño.
Ata a cita do entomólogo Suso Requejo, non se coñecía a presencia de V.
virginiensis na comarca. Agora, Laura Lago, que colabora con ANABAM no
proxecto Bolboretas do Baixo Miño, coordinado por Suso Requejo,
confirma a nova localización da especie para esta comarca.
As fotografías foron tomadas o pasado domingo 28 deste mes
de setembro e nelas podemos ver, con todo detalle, o reverso de V.
virginiensis.
|
Actualizado o 30-11
-2008 |
EIRUGAS DE Vanessa virginiensis
Fotos Rafael Estévez
Diferentes fases da eiruga Vanessa virginiensis atopada no Baixo
Miño o sábado 15 deste mes de novembro. As fotografías son obra de
Rafael Estévez, un dos membros do proxecto Lepi-atlas co que se
pretende inventariar as bolboretas diurnas (lepidópteros) de Galicia.
As eirugas fotografiadas proceden dunha das zonas do Baixo Miño na que están
presentes. estas fotografías confirman definitivamente que
estamos diante dunha das especies das que non se sabía que estiveran
presentes na comarca. Agora , ademais, sabemos que V. virginiensis
tal vez sexa máis abondosa do que poderiamos esperar e que a súa
distribución pode ser bastante ampla.
|
Actualizado o 17-11-2008 |
LOCALIZADAS EIRUGAS DE
Vanessa virginiensis
Fotos: Luis Dorado Senra
Foto: Novembro 2008
O proxecto Bolboretas do Baixo Miño segue a depararnos agradables sorpresas.
Logo de localizar, no pasado mes de outubro, exemplares adultos de Vanessa
virginiensis, un equipo formado por membros de ANABAM, Proxecto Lepi-atlas e
colaboradores, (Luis Dorado Senra; Laura Lago; Rafáel Estévez; a esposa
deste e como coordinador Suso Requejo) conseguiron atopar, o pasado sábado 18 deste mes de
novembro, eirugas daquela especie. Con este achádego, confírmase o que
case dabamos por feito: que no Baixo Miño, a especie ten presencia estable e
se reproduce con normalidade.
|
|