TRITÓN COMÚN OU T. IBÉRICO
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
05-03-2018
Orde....................... Caudata
Familia.................. Salamandridae
Xénero................... Lissotriton
Especie..................L. boscai
Nome galego: Tritón común ou ibérico.
Outros nomes, premer AQUÍ.
Calificación para o Baixo Miño.......Non aprezamos ameazas
IDENTIFICACIÓN: Tamaño pequeno, menor de 10 cm. En fase de terra cor aterciopelada escura. En
fase de auga cor castaña, brillante.
Ventre vermello e gorxa amarelenta.
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
Dorado Senra, Luis
Ferreira Lorenzo, Agustín
Ferreira Lorenzo, Antonio
Ferreira Rodríguez, Noé
González de Dios, Mª Consuelo
Pombal Diego, Manuel Á.
da
Silva Diz, Ricardo
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
Ao igual que o resto dos tritóns, este presenta dúas fases correspondentes unha ao período reprodutor e outra
fora dese período.
Na fase de terra, cando non é época reprodutora, ten unha cor escura, aterciopelada, coa pel
mate. Na fase acuática, a pel transfórmase en lisa, suave e brillante, como se pode aprezar nas fotografías.
Son abondosos e podemos velos nas beiras remansadas dos regatos, en pozas de montaña e zonas asulagadas.
Fóra da época reprodutora poden alonxarse bastante da auga ou mesmo seguir a carón de la. Nun e noutro caso acubillados baixo pedras,
troncos, etc.
Fotografías da esquerda, larvas de tritón común en vista dorsal e ventral. Obsérvese o grande tamaño dos dedos
das patas posteriores.
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
Detalle da zona ventral de dous exemplares de tritón. A cor vermella pode variar segundo os individuos, podendo
ser máis ou menos intensa. A gorxa ten unha tonalidade amarelenta. O da esquerda é un macho e o da dereita unha femia, identificables
os sexos por que un, o macho, ten a cloaca redondeada e a femia truncada, ainda que neste caso non se aprecia ben na fotografía.
Mapa de distribución correspondente ás observacións de tritón común entre os anos 1987 a 1992. A figura
corresponde ao Atlas de Anfibios do Baixo Miño desenvolvido por ANABAM durante os anos citados.
I
|
II
|
III
|
IV
|
V
|
VI
|
VII
|
VIII
|
IX
|
X
|
XI
|
XII
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
En verde meses nos que ó tritón común se atopa na fase acuática, período reprodutivo.
En azul larvas nas charcas.