TRITÓN MARMORADO OU T. VERDE
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
05-03-2018
Orde....................... Caudata
Familia.................. Salamandridae
Xénero................... Triturus
Especie..................S. salamandra
Nome galego: Tritón marmorado ou verde.
Outros nomes, premer AQUÍ.
Calificación para o Baixo Miño.......Non aprezamos ameazas
IDENTIFICACIÓN: En fase de terra posúe unha cor verde clara con xaspeado negro e unha liña vermella
lonxitudinal no dorso. Na fase acuática (reprodución) cor escura e machos cunha ampla cresta.
Tamaño semellante ao da salamandra, si ben algo máis pequeno.
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
Dorado Senra, Luis
Ferreira Lorenzo, Agustín
Ferreira Lorenzo, Antonio
Ferreira Rodríguez, Noé
González de Dios, Mª Consuelo
Pombal Diego, Manuel Á.
da
Silva Diz, Ricardo
Mapa de distribución correspondente ás observacións de tritón verde entre os anos 1987 a 1992. A figura corresponde
ao Atlas de Anfibios do Baixo Miño desenvolvido por ANABAM durante os anos citados.
Foto: Carlos Angílica Entenza
Foto: Carlos Angílica Entenza
Foto: Antón Ferreira Lorenzo
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
En tamaño, é o segundo dos urodelos máis grandes da comarca, algo menor que a píntega común.
Ten dúas fases de cor: a fase de terra, fóra do período reproductor, cunha cor verdosa rechamante sobre fondo negro e unha fase acuática,
cun verde moi escuro tamén sobre fondo negro. Na fase de terra agóchase baixo pedras, troncos etc.
Habita
nos nosos montes, máis ou menos cerca de regatos, e tamén en zonas máis baixas, próximas ou relativamente próximas a auga ou zonas
susceptibles de quedar encharcadas. Nos anos oitenta e noventa tíñamolo rexistrado na marisma de Salcidos (A Guarda).
Foto superior individuo en fase de terra.
Foto do centro, femia en fase
acuática, reprodución.
Foto da esquerda, macho en fase acuática, reprodución. Vése claramente que en
fase acuática o dimorfismo entre machos e femias é moi acentuado.
Foto: Antón Ferreira Lorenzo
Os machos teñen a cloaca en forma redondeada, como se pode apreciar na fotografía da dereita.
O tritón común entra a formar parte da súa dieta como puidemos comprobar na zona de A Valga (Oia).
I
|
II
|
III
|
IV
|
V
|
VI
|
VII
|
VIII
|
IX
|
X
|
XI
|
XII
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
COLABORADORES: Villasenín Álvarez, Ángeles
En verde meses nos que ó tritón verde se atopa na fase acuática, período reprodutivo.