Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
05-03-2018
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
Dorado Senra, Luis
Ferreira Lorenzo, Agustín
Ferreira Lorenzo, Antonio
Ferreira Rodríguez, Noé
González de Dios, Mª Consuelo
Pombal Diego, Manuel Á.
da
Silva Diz, Ricardo
Orde....................... Caudata
Familia.................. Salamandridae
Xénero................... Salamandra
Especie..................S. salamandra
Nome galego: Píntega común.
Outros nomes, premer AQUÍ.
Calificación para o Baixo Miño.......Non aprezamos ameazas
IDENTIFICACIÓN: O máis grande dos nosos urodelos. Inconfundible pola súa cor: manchas amarelas sobre
fondo negro.
Á esquerda detalle da gorxa da píntega común. Á dereita un primeiro plano dunha larva desta especie. As larvas son doadas de
identificar, con respecto ás demáis larvas do resto dos anfibios, pola manchiña clara que teñen na base das extremidades.
Foto: Ángeles Villasenín Álvarez
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
Dos urodelos, isto é, anfibios con cola, a píntega común é o máis abondoso da bisbarra baixomiñota, pois
agás o centro dos núcleos urbanos, podemos atopala practicamente en calquera parte: camiños, leiras, no monte, na franxa costeira,
a carón dos regatos, etc.
Acubíllase polo día e no período estival baixo pedras, follas, buratos de paredes,
troncos caídos, etc, co fin de conservar a humidade do corpo. A súa pel é lisa, brillante, e húmida.
A píntega, xunto co sapo común, é a especie que máis mala fama ten entre a poboación, pola falsa crenza de que botan aire, algo que
hai que desmitificar xa que non é certo.
Cremos que no Baixo Miño parte dos exemplares non precisan de charcas para que as larvas se reproduzan,
pois é probable que en certas zonas algúns exemplares nazan perfectamente formados, sen pasar pola fase larvaria. Podería ser, por
exemplo, na zona do SW da Guarda, onde a presenza de charcas é nula, sen embargo si hai unha notable presenza de píntegas que
se deixan ver no outono, cando comezan as chuvias e a temperatura é axeitada.
Tamén hai que sinalar
que a píntega, xunto co sapo común e o sapo corriqueiro, son os anfibios que máis frecuentemente aparecen atropelados nas nosas estradas.
Mapa de distribución correspondente ás observacións de píntiga común entre os anos 1987 a 1992. A figura corresponde
ao Atlas de Anfibios do Baixo Miño desenvolvido por ANABAM durante os anos citados.
I
|
II
|
III
|
IV
|
V
|
VI
|
VII
|
VIII
|
IX
|
X
|
XI
|
XII
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
COLABORADORES: Villasenín Álvarez, Ángeles
En verde meses nos que comeza a actividade da píntega na procura de parella. Este período comeza co inicio
das chuvias e temperaturas non moi baixas. A medida que avanzan os meses a actividade diminúe debido a que as temperaturas adoitan
ser máis baixas. Estes meses tamén son críticos para centos de exemplares porque no seu afán de buscar o sexo oposto cruzan as estradas
e acaban sendo víctimas da circulación.