|
|
O traballo de campo das bolboretas do Baixo Miño, segue a depararnos
interesantes achádegos tanto a nivel de especies como de fenómenos que na
maior parte dos casos somentes poden verse en certas coleccións, tal ocurre
co especimen achado o sábado 23 de agosto de 2008 polos membros de ANABAM Luis
Dorado e Antón Ferreira, xunto cos colaboradores desta asociación o
entomólogo Suso Requejo e o fotógrafo naturalista Luis Calleiras, na visita
efectuada á chaira de Pinzás, un dos poucos lugares da comarca onde aparece
unha das especies de flora máis amenazada a Gentiana pneumonanthe, da
que depende a súa vez a bolboreta Maculinea alcon. Precisamente a
visita efectuada a Pinzás tiña por obxecto comprobar in situ a
presencia desta última bolboreta, da que aínda non tiñamos información nesta
área, xa que, por visitas anteriores, sabiamos da existencia de
genciana. A prospección á mencionada zona resultou un éxito en tódolos
aspectos o que pon de manifesto, unha vez máis, o importante valor ecolóxico
que ten a chaira de Pinzás, situada ao norte do municipio de Tomiño. Esta
chaira pertence en parte ao concello citado e en parte ao de Gondomar.
O exemplar achado de
P. icarus, presentaba as ás de macho e femia. A parte esquerda tiñan a
cor típica de macho, mentres que ás da dereita era as correspondnetes a unha
femia, tal e como se pode apreciar na fotografía.
|