Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam
ATOPADA A
MACULINEA ALCON
NA VALGA (OIA)
É a primeira cita desta bolboreta para a comarca do Baixo Miño.
Gentiana pneumonanthe é a
súa planta nutricia, dela depende a que de momento podemos catalogar como unha das máis raras bolboretas que voan en Galicia,
polo que estamos de noraboa por este achádego.
A Valga, un espacio cualificado por ANABAM como ACIN (Área
Comarcal de Interese Natural), posúe as condicións necesarias que require
M. alcon para estar presente nesta paraxe, entre elas a citada planta. Pois ben, a actividade fotográfica levada a cabo polas entidades: Fasgana;
Proxecto Lepi-Atlas e ANABAM o domingo 20 de xullo pasado, non poido deparar mellor
sorpresa que a de atopar un exemplar da especie en cuestión, un dato máis que
avala a este enclave natural do Baixo Miño como un espacio natural que
debera ter, xunto co resto da Serra da Grova, a calificación de espacio
protexido.
Maculinea
alcon, é unha pequena bolboreta que xa podemos dar como nova
especie para o Baixo Miño logo de confirmar
a súa presencia na comarca. O achádego dun exemplar macho o pasado 20 de
xullo, así o confirma. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)
Á esquerda, Suso Requejo, entomólogo, e á dereita, "Peque"
un dos membros activos da asociación baixomiñota,
comentando aspectos relacionados coa saída fotográfica na que se localizou a
rara bolboreta que tratamos nesta información.(Foto: Agustín Ferreira
Lorenzo-anabam)
Laura Lago, que colabora no proxecto "Bolboretas
do Baixo Miño", tratando de obter unha das
súas magnifícas fotografías na saída fotográfica
do pasado 20 de xullo. (Foto: Agustín Ferreira
Lorenzo-anabam)
|