|
SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín
Franganillo"
-INSECTOS -
|
|
Euphydrias aurinia
Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo
Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista
Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira
Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez, Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo
Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz., Ángeles
Villasenín Álvarez |
IR Á
PORTADA
(Foto:
Pablo Covelo)
|
|
Actualizada o 29-04-2015 |
|
|
Texto e
fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam
|
|
|
Se
marzo marca a época de masiva presenza de eirugas de E.
aurinia, abril leva a palma no que aos imagos desta especie
refírese. Ducias de exemplares revolotean polos mesmo lugares
onde unhas semanas antes o chan estaba materialmente cuberto de
eirugas. |
|
|
|
|
|
Pero maio
adoita, por momentos, ser período de chuvias e, mesmo de
temperaturas baixas ou ceos anubados. Isto trae como
consecuencia que poidamos ver moitas bolboretas de E. aurinia
pousadas sobre diversos tipos de flores á espera de condicións
climáticas moito mellores que lles permitan voar e procurar
parella para perpetuar a especie.
Estas son
boas ocasións para fotografar con toda tranquilidade a estas
bolboretas, sen tomar demasiadas precaucións.
|
|
|
|
|
|
Nesta fotografía e na anterior,
podemos comparar o anverso e reverso das ás polo que podemos
decatarnos das claras diferenzas existentes entre unha e outra
parte.
Esquerda un exemplar macho. Compárase co exemplar da fotografía
de máis abaixo, que é unha femia. |
|
|
|
|
|
|
Actualizada o 25-03-2015 |
"EXPLOSIÓN" DE EIRUGAS NO MES DE
MARZO |
|
Texto e fotos: Agustín
Ferreira Lorenzo-anabam |
|
|
As eirugas de
Euphydrias aurinia
fixeron acto de
presenza, un ano máis, de forma “explosiva” neste mes de marzo,
si ben os
primeiros
exemplares
comezaron verse a principios de febreiro. Pero é en marzo,
fundamentalmente nos días soleados e nas horas onde a
temperatura é maior
-horas centrais do día-,
cando varios centos delas desprázanse dun lado para outro na
procura de alimentación e buscando
un posible un
lugar onde se converter en crisálida.
|
|
|
|
|
|
Na zona
costeira estas eirugas aparecen a milleiros e, aínda que non
sabemos se no interior do Baixo Miño tamén sucede o mesmo,
probablemente si, é na senda litoral da Guarda onde adoitan
verse con maior facilidade en grande número debido á que a
citada senda supuxo un “accidente” que interfire no camiño que
percorren. O 19 de marzo, día soleado, sen vento, decidimos
contar o número de exemplares que ao longo duns tres quilómetros
da citada senda
atopábamos, sen
deternos, simplemente contando o número de exemplares que éramos
capaz de ver no percorrido.
Eran ás 14.30 horas, e o percorrido durou uns 40 minutos.
Dado que non nos detíamos, foron moitos exemplares que non
puidemos contabilizar,
pois non nos daba tempo a incorporalos. O resultado foi que
chegamos a sobrepasar a
cantidade de
1800 eirugas. Como a
senda ten dous tramos diferenciados: un de madeira e outro de
cemento e pedra, comprobamos que no tramo de madeira apenas
había eirugas, cousa por outra parte lóxica xa que non lles
resultará moi doado desprazarse ata a superficie. Pola contra, a
parte encementada (e empedrada) é onde practicamente estaba a
totalidade dos exemplares. De regreso, decidimos contar ,
seguindo o mesmo sistema de non deternos, o número deexemplares
que aparecían mortos ou esmagados. Pois ben, o resultado superou
os 1300 individuos. Se dicimos que o resultado foi duns 500
indiviudos salvados, non sería certo, porque mentres os
individuos mortos non se moven do sitio, os vivos si e, ao longo
da tarde seguían desprazándose dun lado ao outro. Tamén
observamos que no carril bico o número de exemplares era maior
que no tramo peonil. A razón tamén é sinxela de explicar:
mentres que moitas persoas tratan de evitar pisar ás eirugas, no
carril bici, sortealas resulta máis complicado, así que, óptase
por seguir pedaleando a costa de deixar as pegadas das eirugas
no cemento.
|
|
|
|
|
|
|
|
10-03-2013 |
|
|
|
|
Texto e fotos: Agustín
Ferreira Lorenzo-anabam |
|
|
|
|
Practicamente cun un mes de diferenza con respecto ao pasado ano, o 8
deste mes de marzo observamos, pola senda litoral, as primeiras eirugas
do ano da bolboreta E. aurinia. As pequenas eirugas, de
cor negra, aproveitaron un respiro soleado, logo de varios días de anubrados e chuvias, para buscar alimento e prepararse para o seu próximo
estado de pupa antes de transformarse en bolboreta.
(Foto: Agustín Ferreira L-anabam)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
14-02-2012 |
|
|
|
|
Texto e fotos:
Agustín Ferreira Lorenzo-anabam |
|
|
|
|
DATOS FENOLÓXICOS
O pasado luns, 13 deste mes de febreiro,
rexistramos a primeira observación,no que vai de ano, de Euphydrias
aurina, concretamente de eirugas desta especie, que se desplazan
pola senda litoral, entre Camposancos e o porto da Guarda.
A medida que transcorren os días, o número de exemplares irá en aumento
e, de seguro, que ao igual que o pasado ano, veremos en parte da
mencionada senda un sinfín de eirugas, unhas aplastadas polo paso dos
traseuntes e outras desprazándose por ela. Máis adiante darán lugar ás
bolboretas que, tamén, en grande cantidade, voarán
para emparallarse e perpetuar a especie. (Foto:
Agustín Ferreira L-anabam) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actualizada o
15-03-2011 |
|
|
UNHA EXPLOSIÓN LARVARIA |
|
Texto e fotos: Agustín
Ferreira Lorenzo-anabam |
|
|
|
|
Practicamente, dende finais de febreiro vimos observando
como centos de eirugas cruzan, diariamente, a senda litoral no traxecto
comprendido principalmente entre a depuradora da Guarda e o remate do
carril bici. No treito que vai a continuación, como non teñen
necesariamente que cruzalo, posto que poden facelo por debaixo da
pasarela, as eirugas pasan desapercibidas.
Estas eirugas pertencen á especie Euphydrias aurina.
Segundo nos comenta o entomólogo Suso Requejo, que está a colaborar con
ANABAM, é unha especie que está en claro retroceso en moitas zonas de
Europa, aínda que aquí en Galicia é abondosa.
(Foto: Agustín Ferreira L-anabam) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cada círculo amosa onde se atopa unha destas eirugas, a excepción do
círculo máis grande onde hai máis de 20 exemplares resultando imposible
observalos na fotografía.
Nunha contaxen que fixemos no noso desprazamento pola zona o día 2 de
marzo, nun tramo duns 400 metros, contabilizamos máis de 300 exemplares
soamente no trazado do carril bici. Polo que son milleiros de eirugas ás
que diariamente se desplazan ou cruzan a senda. Unha grande cantidade
delas acaban a súa vida na superficie do semento, aplastadas poals
pisadas e bicicletas dos transeuntes. (Foto:
Agustín Ferreira L-anabam) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Euphydrias aurinia é unha bolboreta de mediano tamaño de cor
predominantemente acastañada que se pode ver tamén abondosamente no
estado de adulto, voando polas mesmas zonas por onde se ve a eiruga
Esquerda,
fotografía dun exemplar femia.
.(Foto:
Agustín Ferreira L-anabam) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
(Foto: Pablo Covelo) |
|
|
|
|