Parece unha bolboreta máis ben escasa, pois no Baixo Miño soamente está
rexistrada en dúas zonas, unha delas en Camposancos.
A observación do exemplar fotografado corresponde ao mércores 28 de
marzo pasado, no camiño de baixada a Sollás, en Campsoancos, A Guarda.
Trátase dunha bolboreta de mediano tamaño, non rechamante, polo que pode
pasar doadamente desapercibida, se é que un non ten grande curiosidade
por observar a natureza.
Observador e fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam.
Identificada por: Suso Requejo, coordinador do Proxecto Lepi-Atlas
e autor da Guía das bolboretas do Baixo Miño (en preparación).
|