SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín Franganillo"
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
Dorado Senra, Luis
Ferreira Lorenzo, Agustín
Ferreira Lorenzo, Antonio
Ferreira Rodríguez, Noé
González de Dios, Mª Consuelo
Pombal Diego, Manuel Á.
da
Silva Diz, Ricardo
Coordinador, texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
A floración das hedras (ireiras en "guardés"), no mes de outubro, fae que centos de insectos,
sobre todo dípteros e, en menor medida, himenópteros, acudan a elas para alimentarse. Dado que varias avespas asiáticas acudían a
un determinado muro onde había hedras, decidimos achegarnos ao mesmo para realizar observacións sobre elas. Puidemos ver que máis
dunha ducia de especies diferentes de dípteros pululaban neste muro. Permitiunos iso descubrir un grande insecto alado, de cores chamativas,
que era imposible que pasase desapercibido. Así que aproveitamos para sacar un bo número de fotografíasdel. Xa, unha vez de volta
na casa, tratamos de indagar e coñecer máis polo miúdo sobre o insecto observado. Logo das convenientes pesquisas, demos coa especie
en cuestión: tratándose da Volucella.
É un dos maiores sírfidos europeos, dende logo,
e mentres non atopemos outro, é o maior sírfido do Baixo Miño. A súa lonxitude anda polos 25 mm e a súa envergadura é duns 40 mm.
Ata o de agora non temos coñecemento de que estea citado na comarca do Baixo Miño, polo que, de ser así, esta sería a primeira cita
da especie.
Como podemos apreciar nas fotografías, ao igual que a maioría dos sírfidos, presenta mimetismo
batesiano, ou sexa, toma a apariencia doutro insecto perigoso, neste caso dunha avespa, pero é totalmente inofensivo, podemos
dicir que se trata dunha mosca de tamaño grande.
.
Existen dúas volucellas moi semellantes, a V. zonaria e a V inanis, pero un dos caracteres
que distinguen a ámbalas dúas especies é que, a primeira, a que nós observamos, ten a parte inferior do segundo terguito
de cor negra (véxase a frecha na imaxe da esquerda), mentras que a V. inanis tenno amarelo, imaxe da dereita.
Primeira observación: 27-10-2014
Condicións climáticas: Temperatura alta, soleado.
Municipio: A Guarda
Parroquia: Camposancos
Lugar: Muro
de finca na estrada de Camposancos, sobre ireira (Hedera helix), xunto con outras especies de dípteros.
UTM ED50: X: 511.021 Y: 4.636.548
Primeira
cita para o Baixo Miño: 02-11-2014 (Páxina web de ANABAM).
Observador e Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam
Philum: Arthropoda
Clase: Insecta
Orden: Diptera
Familia: Syrphidae
Xénero: Volucella
Especie: V.
zonaria
Soamente observamos un individuo, que é o que aparece fotografado, trátase dunha femia, distinguible dos machos
pola separación dos ollos na parte superior dos mesmos, fotografía da esquerda. Os ollos dos machos non teñen esa separación, fotografía
inferior dereita.
Foto: Steve Mackay. www.juzaphoto.com
Foto: Steve Mackay. www.juzaphoto.com