|
SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín
Franganillo"
-INSECTOS -
|
|
Charaxes jasius
Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo
Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista
Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira
Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez, Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo
Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz., Ángeles
Villasenín Álvarez |
IR Á
PORTADA
|
|
|
Actualizada o 16-7-2014 |
|
|
|
|
Texto e fotos: Agustín Ferreira
L.-anabam
|
|
|
O BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA SEGUE
O SEU CURSO NORMAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O sábado 28 de xuño visitamos o "bosque para
unha bolboreta" que temos no Trega onde comprobamos que a bolboreta
Charaxes jasius se reproduce con normalidade. Foron poucos os
ovos que observamos e tamén algunha eiruga, pero o máis importante é que
esta especie se desenvolve perfectamente no mesmo, logo de varios anos
de seguimento.
Na fotografía un dos ovos observados. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Charaxes pon ovos en dúas xeracións: unha entre maio e xuño,
que polas nosas observacións non é a máis prolífica, e outra a finais de
agosto, e setembro, que adoita ser moito máis numerosa. Así que veremos
se neses meses citados temos un maior número de ovos e eirugas.
Temos que sinalar que o bosque foi limpado da invasiva acacia hai pouco
máis dun mes, xa que esta especie exótica temos que conseguir erradicala
do "bosque" polo dano que produce sobre as demais especies, como pode
ser, neste caso, nos érbedos e na propia bolboreta. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Un dos érbedos plantados hai case dez anos para crear o "bosque para
unha bolboreta". Os érbedos son fundamentais para ese insecto xa que as
eirugas se alimentan exclusivamente das follas destas árbores. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actualizada o 25-09-2012 |
|
|
|
|
Texto e fotos: Agustín Ferreira
L.-anabam
|
|
|
NOVAS ÁREAS DE DISTRIBUCIÓN NO BAIXO MIÑO
DE CHARAXES JASIUS
|
|
|
|
|
|
|
Mapa de distribución da bolboreta
Charaxes jasius actualizado.
Como se pode apreciar, en
tódolos concellos da comarca está presente este insecto. Hai seis anos,
a súa presenza no Baixo Miño era totalmente descoñecida. A inclusión
desta especie no P.E.S (Plan de Especial Seguimento), unha vez
localizada na comarca, permitiu coñecer e, mesmo, ampliar a súa área de
distribución no Baixo Miño, pasando de ser considerada unha especie
ameazada e moi localizada a ser case que unha especie común, aínda que
non abondosa.
As dúas últimas
áreas onde foi localizada pertencen ao Concello do Rosal, concretamente
foi localizada nun monte das Eiras, e ao Concello da Guarda, habéndose
detectado indicios da súa presenza no monte Terroso. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Esta paraxe, situada nas Eiras (O Rosal), é a
penúltima das localizacións de ANABAM en canto a Charaxes. A observación
efectuada nos érbedos que hai bordeando esta pista, deu resultado
positivo. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tres dos catro membros de ANABAM que estiveron buscando Charaxes na zona
mencionada anteriormente. Na fotografía observando con detemento un dos
érbedos. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actualizada o
29-11-2011 |
|
|
|
|
Texto e fotos: Agustín Ferreira
L.-anabam
|
|
|
ACTUALIZACIÓN DA ÁREA
DE DISTRIBUCIÓN NO BAIXO MIÑO DE
Charaxes jasius |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O seguimento que o grupo de traballo de ANABAM, ven levando a cabo sobre
a bolboreta Charaxes jasius, deu como froito unha nova
localización da especie, esta vez en Tomiño, na zona de Barrantes, onde
Ricardo da Silva, integrante do citado grupo de traballo, observou
eirugas nos érbedos alí presentes, observación realizada o pasado mes de
setembro. Con este dato, xa podemos confirmar que esta bolboreta está
presente nos cinco concellos do Baixo Miño, sendo o municipio do Rosal,
no monte denominado Niño do Corvo, onde a súa presenza é máis intensa,
lugar, por outra banda, onde fora localizada por primeira vez.
Temos que sinalar que as obras da autovía que pasa polo citado monte,
eliminaron a franxa inferior na que se desenvolvían as eirugas, franxa
que representaba o límite inferior da presenza desa especie na
mencionada zona. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actualizado o
10-09-2011 |
|
|
|
|
Texto e fotos: Agustín Ferreira
L.-anabam
|
|
|
CONFIRMADA AS NOVAS LOCALIZACIÓNS DE
Charaxes jasius |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
As observacións efectuadas por Ricardo da Silva Diz, integrante do equipo
de traballo de ANABAM, acaban de confirmar a presenza da bolboreta
Charaxes jasius no Monte Aloia.
Estas observacións leváronse a cabo nos cinco érbedos que hai na baixada,
a carón da estrada, os cales non superan os dous metros de altura.
Soamente nun dos érbedos foron contabilizados 21 ovos, algúns dos cales
podemos ver nas fotografías que nos envía Ricardo. |
|
|
|
|
|
|
|
Mapa de localización de
Charaxes jasius no Monte Aloia, segundo as últimas observacións
realizadas por ANABAM. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actualizado o
25-08-2011 |
|
|
|
|
Texto e fotos: Agustín Ferreira
L.-anabam
|
|
|
|
|
Co fin de comprobar e confirmar resultados,
dous membros de ANABAM, Ricardo da Silva Diz e Agustín Ferreira,
desprazáronse ata Oia (subida á Valga) e O Rosal (Niño do Corvo) para
recoller datos da bolboreta dos érbedos.
O sábado 20 de agosto, efectuamos unha visita aos érbedos existentes na
subida á Valga, en Oia, observando as follas do grupo de érbedos que están distribuídos
en dous grupos, un fronte a antiga casa forestal e outro aproximadamente
a uns 500 metros antes de chegar a ese punto. Da observación efectuada
non localizamos ningún rastro de presenza da bolboreta, polo que dentro
dun par de semanas, xa metidos no mes de setembro, voltaremos para levar
a cabo
unha nova observación.
Na fotografía o membro de ANABAM, Ricardo da Silva, observando un
pequeno érbedo para tratar de localizar ovos ou eirugas de Charaxes. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Localización das dúas zonas,
nas proximidades da Valga, onde se atopan os érbedos analizados. En
setembro do pasado ano, foron localizadas eirugas no círculo superior,
pero na observación efectuada o pasado día 20 deste mes de agosto,
observamos algunhas follas comidas por eirugas da Charaxes, polo que
podemos afirmar que nesta última localización tamén debe estar presente
a especie.
Ámbalas dúas zonas distan aproximadamente un quilómetro entre sí. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O sábado a saída foi ao Niño do Corvo, no Rosal. Aquí os resultados
foron positivos, practicamente tódolos érbedos observados tiñan postas
e, mesmo, algúns deles, tamén contaban con eirugas. Deste xeito,
os novos datos acadados poñen de manifesto que a mediados de agosto xa
contamos con postas desta bolboreta no Baixo Miño, pois algunhas das
eirugas observadas tiñan un tamaño que superaba o centímetro de
lonxitude.
Na fotografía da esquerda, obtida na saída do sábado 17 ao Niño do
Corvo, explicación dos elementos que aparecen nela. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actualización: 29-11-2010 |
Texto e fotos: Agustín Ferreira
L.-anabam
|
Área de distribución da bolboreta dos érbedos na comarca do Baixo
Miño. Dende que se descubrira esta especie na comarca, no ano 2007, e
gracias aos traballos de campo e de divulgación levados a cabo por
ANABAM, cada vez sabemos máis
desta especie na comarca. |
|
A
bolboreta dos érbedos é un dos lepidópteros máis grandes de
Galicia. Na comarca do Baixo Miño son tres as especies de tamaño
grande, ademais desta están Iphiclides podalirio
e a Papilio machaon, estas dúas moi comúns en todo o
Baixo Miño.
No ano 2007 descubríase o primeiro exemplar da Eiruga dos
érbedos no Niño do Corvo. Un ano despois púxose en marcha o
Proxecto "Un
bosque para unha bolboreta". A partir de entón
comezou a prestarse máis atención a esta bolboreta no Baixo
Miño.
|
|
|
|
|
|
O érbedo (arbutus unedo)
é a planta nutricia das eirugas. Da súa presenza ou ausenza dependerá
que a Charaxes estea nunha determinada área ou non.(Foto:
Agustín Ferreira Lorenzo-anabam).
|
Eiruga de Charaxes jasius
fotografada en Oia
o 20 de novembro de 2010. (Foto:
Agustín Ferreira Lorenzo-anabam) |
|
|
|
Esta é, polo de agora, a
última das áreas onde localizamos as eirugas da bolboreta dos
érbedos. Exactamente conta con 15 destas árbores, moi próximas unhas
das doutras, algunhas delas de pouco máis dun metro.(Foto:
Agustín Ferreira Lorenzo-anabam). |
|
|
OBSERVACIÓNS:
Javier Blanco.................................setembro
2006.................15-44
Agustín Ferreira Lorenzo................setembro
2007.................15-44
Suso Requejo...............................setembro
2007.................15-44
Agustín Ferreira Lorenzo................xuño
2009.......................15-44,43,42
16-44,43,42
Manuel A. Pombal Diego...............xuño
2009.......................15-44,43,42
16-44,43,42
Cita de Suso
Requejo..........................2008.........................26-58
Información sen
confirmar.....................................2009.........27-53
Agustín Ferreira Lorenzo......................20-Novembro-2010.....11-50
Ricardo Portela Vilas...........................20-Novembro-2010.....11-50
Ademais, o equipo de
campo de ANABAM: Carlos Angílica Entenza; Luis Dorado Senra; Agustín
Ferreira Lorenzo; Antón Ferreira Lorenzo; Mª Consuelo González de Dios;
Manuel A. Pombal Diego e Ricardo Portela Vilas, veñen realizando
continuas observacións e seguimento da especie. |
|
|
Ovos de Charaxes. O máis frecuente é
que nunha folla haxa só un ovo, pero as veces poden verse catro. Estas
postas son individuais, os ovos non están en contacto. |
|
|
XANEIRO |
FEBREIRO |
MARZO |
ABRIL |
MAIO |
XUÑO |
XULLO |
AGOSTO |
SETEMBRO |
OUTUBRO |
NOVEMBRO |
DECEMBRO |
VÓO(imago) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
OVOS |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
EIRUGAS |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CRISÁLIDA |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actualizada o 30-09-2008 |
NOVA LOCALIZACIÓN DE
CHARAXES JASIUS
NO BAIXO MIÑO
Texto e fotos: Agustín Ferreira
L.-anabam
O entomólogo Suso Requejo ben de confirmar unha nova área de
distribución da bolboreta Charaxes jasius no Baixo Miño,
concretamente no Parque Natural do Monte Aloia, logo de que o pasado ano
observara un ovo nunha folla de érbedo. Con este achádego, son dúas as
localidades da comarca onde está presente a citada bolboreta.
O érbedo no que foi observado o ovo de Charaxes, era
un exemplar pequeno polo que inicialmente había dúbidas de si este exemplar
estaba recén plantado. Segundo confirmaron traballadores do parque, o érbedo
en cuestión levaba xa uns catro anos alí polo que, deste xeito, puido
confirmarse que a posta fora efectuada no propio parque.
|
Charaxes jasius
Texto e fotos: Agustín Ferreira L.-anabam
Sabiamos da súa presencia no Baixo Miño polos datos aportados por outro entomólogo,
Javier Blanco, colaborador de ANABAM, que a descubrira no pasado ano
(2005) para
o Baixo Miño. Agora, queriamos confirmar esta presencia e recabar algúns
datos máis da máis grande bolboreta diurna de Galicia. Achegámonos ata a
zona na que foi citada o ano pasado. Éramos Jesús Requejo, entomólogo,
e Agustín Ferreira. O único lugar do Baixo Miño onde temos constancia
da súa presencia se atopa no municipio do Rosal. Dirixímonos á zona
onde temos constancia da súa presencia. Os erbedos (Arbutus unedo)
é a súa planta nutricia e dela se alimenta exclusivamente. Revisamos
varios exemplares e descubrimos a presencia de ovos (27-08-2006). Sendo
esta a primeira cita para o Baixo Miño dos mesmos. Isto nos confirma un
dato interesante: que a poboación de Ch. jasius na zona onde fora
atopada po javier Blanco é estable. Os ovos son pequenas esferiñas de
algo máis dun milímetro de diámetro, dunha cor amarela, solitarios, que
aparecen na cara superior das follas da súa planta nutricia: o erbedo (Arbutus
unedo). Así que, se había ovos tiña que haber imagos. Non tardamos en atopar
un exemplar que voaba xunto a outras dúas grandes bolboretas: Iphiclides
podalirius e Papilio machaon. Para Suso non era novidade, pero
para Agustín sí. Durante varios minutos aproveitados para filmar e
fotografiar a Ch. jasius deleitándonos coa súa observación. Eran máis das
dúas da tarde e disfrutamos con esta marabilla da natureza durante varios
minutos.
Durante varios segundos permaceo
pousada sobre un rochedo.
Aproveitamos para obter unha instantánea.
O
reverso desta bolboreta é espectacular.
|
Os ovos son pequenas esferiñas de
cor amarela, individuais, depositados na cara superior da folla de
erbedo. |
|
Fotografía
da eiruga de Charaxes jasius, unha semana despois de nacer. Ten 10
milímetros de lonxitude. |
|