Nome científico: Quercus robur
Nome común galego: Carballo
Nome común castelán : Roble
Idade estimada: 222 anos
Localización
Concello: Tomiño
Parroquia:Vilameán
Lugar: Adro da festa
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X
521593 Y 4652909
Altitude: 64 metros
Medidas
Altura: 17,30 metros ( hai que ter en conta que
ten cerca de 3 metros enterrados por ampliación do adro da festa , así que
chegaría aos 20 m)
Diámetro a 1,30 m : 1,15 metros
Perímetro a 1.30 m: 3,85 metros
Data das fotografías: 23 - 2 – 2012
e 2 - 9 - 2012
Observacións:
*Alá polo ano 1790, un grupo de homes deste pobo
plantaron neste terreiro varios robles, un par de alcacias e un
Carballo.……………..
Polo ano 1971, unha comisión de festas aumentou
o terreiro da festa e cortaron os robles que xa estaban medio secos, con tal
motivo o Carballo deixou de ser apoio do palco, porque nesta xa quedaba no
medio do terreiro, como hoxe en día.
Tamén esta comisión neste mesmo ano, ……, fixeron
outro palco novo …..o que hoxe utilizamos como cantina da festa.
Dez anos máis tarde, chegou o asfaltado do
terreiro, cortouse unha das alcacias…..
No mesmo ano fíxose un novo palco que aínda é o
que hoxe temos……
Pouco a pouco, a xente deste pobo, foise dando
conta do mérito e da importancia que tiña o Carballo, chegou o ano 1988, a
asociación de veciños deste pobo, por 1ª vez nas festas do Nadal utilizou o
Carballo coma árbore navideño…….
No ano 1989, a alcacia que quedaba …. secou……e o
Carballo quedaba soio.
En 1990, por esta razón , …., a xuventude deste
pobo, tiveron un bo alcordo en festexar o segundo centenario do carballo.
Tiveron varias reunións , nombraron unha comisión e co axuda de toda
xuventude, esta festa convertiuse en realidade.
(*Fragmento recollido do programa da 1ª festa do
Carballo no 1990 e que continúa organizándose o 3º sábado do mes de outubro)
Agradecemos a
colaboración dos veciños de Vilameán e desexámoslles que esta festa continúe
moitos anos máis.
|