Continuamos co seguimento desta planta ameazada a nivel local. Pero novamente temos moitas esperanzas de
que poidamos sacala do noso listado de especies que se atopan en situación crítica na nosa comarca. Por que dicimos isto? porque temos
observado varios centos de pequenas matiñas, apenas sobrepasan os 5 centímetros de altura, que nos dan moitas esperanzas de que xa
non haberá que preocuparse por ela. Veremos se todos estes pes que hai agora en varios puntos da zona de vexetación dunar, ou a maioría
deles, se manteñen durante este verán e, de ser así, daremos por recuperada a especie na praia de Camposancos, e non só recuperada,
senón multiplicado por máis de dez o número de exemplares con respecto aos que había ata o ano 2000.
O censo de Otanthus maritimus, unha das plantas máis ameazadas da praia de Camposancos, na desembocadura
do Miño, deu como resultado a existencia de 19 pes, repartidos do seguinte xeito: 13 exemplares na praia do Puntal e 6 na do Forte.
Isto supón un descenso do 27 % de exemplares con respecto ao último censo, efectuado no pasado mes de setembro, polo que acercámonos
á cifra crítica que había ata o ano 2001, que era duns 12 exemplares.
Lembremos que no ano 2009 había preto
de medio cento, polo que en dous anos produciuse un notable descenso. As causas foron principalmente naturais, sobre todo debido ás
enchentes do río que afectaron moi negativamente á superficie da praia de Camposancos.
Esta é unha das especies que está incluída no P.E.S (Plan de Especial Seguimento) desenvolvido por ANABAM, que
é o mesmo que dicir que esta especie necesita protección nesta comarca así como un plan de recuperación e conservación. Todos iso
estamos a levalo adiante dende esta asociación. Logo de nove anos traballando con ela, lembremos que desaparecera da praia marítimo-fluvial
de Camposancos (A Guarda), única do Baixo Miño galego onde habitaba a mesma, conseguimos que un dos pes, plantado no ano 2002, fose
adiante, e no 2003 e posteriores, continuamos co proceso ata o 2008. Nese ano 2008, xa empezaron a verse algúns pes nacidos na propia
praia, moi probablemente con orixe nas plantas que nos trasladamos ao areal citado.
Contabamos con sacala
do PES a partir deste ano 2010, pois nun reconto feito no inverno pasado chegamos a contabilizar máis de medio cento de exemplares,
cifra que era o obxectivo que nos marcamos para optar por esa opción, pois significa que cuadriplicaba con moito o número de exemplares
que tiñamos censado de media ata o ano 2001.
No ano 2001 Otanthus maritimus, unha planta que medra en moitas praias, no Baixo Miño estaba presente
na praia de Camposancos, sufría un duro golpe por culpa dunha neglixente actuación, desaparecendo da mesma. Tras varios intentos por
recuperala, con plantación de milleiros de sementes, ducias de plantóns, etc., o resultado non chegaría ata que uns poucos exemplares
dos que foron transplantados, procedentes das veciñas praias do outro lado do Miño, conseguiron sobrevivir. A partir do ano 2003,
un ano despois de que algúns dos exemplares plantados continuasen na zona, as expectativas de recuperación da especie aumentaron considerablemente.
Ese mesmo ano 2003 realizáronse as últimas plantacións desta especie. Oito anos despois de iniciado o proxecto, comezamos a ver as
primeiras plantiñas nacidas na praia de Camposancos.
Foto 1:
Este é o exemplar máis vello de cantos hai na praia de Camposancos. Procede do veciño país, concretamente
da praia de Moledo, onde fora recollido o sábado16 de marzo de 2002 e plantado dous días despois, o luns 18. Vai camiño de cumprir
os 9 anos. Próximo a este exemplar -obsérvese a esquina superior dereita- xa medra outra Otanthus, filla desta.
Foto 2:
Obsérvese a fotografía inferior e compárase coa fotografía de arriba: trátase da mesma planta
fotografada dous meses despois da súa plantación, tiña o tamaño dun lapis. A de arriba e tal e como se atopa na actualidade.
Foto 3:
Un reconto do número de pes deunos unha cantidade de entre
50 e 60 exemplares de Otanthus maritimus na praia de Camposancos, a única do Baixo Miño galego onde aparece esta especie. Aproximadamente
o 92 % dos exemplares xa son propios desta praia, o 8 % restante procede das plantacións efectuadas por ANABAM que se levaron a cabo
dende finais do 2001 ata o 2003. A inmensa maioría delas non saíron adiante.
Foto 4:
A Otanthus está a medrar nos tramos do Puntal, Muíño, Forte e A Lamiña. Na Armona e
Codesal non existe ningún exemplar, por este motivo ANABAM trasladará algún dos plantóns que medran en puntos críticos a estas dúas
praias.
Na vindeira primavera, levaremos a cabo un censo de exemplares desta especie. Se o número supera o medio
centenar, como se pon de manifesto no reconto efectuado a principios deste mesmo mes de outubro, ANABAM podería dar por rematado o Proxecto Otanthus e
mesmo sacar do PES (Plan de Especial Seguimento) esta especie ao considerar que a poboación da mesma goza de boa saúde e xa é viable
por si mesma. Manteríase a súa catalogación de especie ameazada no Baixo Miño. Lembremos que ata que se produciu a súa desaparición,
no ano 2001, o número de exemplares que había en toda a praia non superaba a ducia de individuos e hoxe, como acabamos de ver, practicamente
quintuplica o número que había entón.
-Por unha banda, as inundacións habidas na primavera pasada arrasaron con algúns dos exemplares que amosaban un porte xeitoso.
-En segundo lugar, algúns exemplares cativos (uns transplantados por nós ou colaboradores e outros nacidos no propia lugar onde estaban)
acabaron secándose.
-En terceiro lugar, algúns, os menos dado o lugar no que se atopan a maioría, estragáronse por mor do pisoteo dos usuarios da praia.
No reconto efectuado nesta
ocasión, deixamos fóra aquelas plantiñas que non tiñan suficiente corpo (escaseza de ramaxe e escaso porte), quedándonos con
aqueloutras que presentaban un aspecto bastante bo. O resultado do censo foi o seguinte:
Praia do Puntal........... 19 exemplares
Praia do Muiño........... 1 exemplar
Praia do Forte........... 6 exemplares
Praia da Lamiña....... 0 exemplares
Praia da Armona...... 0 exemplares........ (Con algún exemplar moi cativo)
Praia do caldeiro...... 0 exemplares
Praia do Codesal..... 0 exemplares
Se comparamos estes datos cos rexistrados no mes de xaneiro
do pasado ano, véxase máis abaixo o censo, observamos que houbo unha diminución de 18 exemplares, a maioría dos exemplares perdidos
foi debido á unha deficiente manipulación (estaban nunhas condicións nada favorables debido a atoparse en zona de uso, non tendo probabilidades
de saír adiante no verán), si ben, hai algunha probabilidade de que algún deles aínda poda recuperarse.
Aínda así, cos resultados anteriores, o número de exemplares duplica aos que había antes do 2001, ano que tomamos como referencia por ser o da actuación de limpeza
Polo anteriormente exposto, dado que non acadamos o medio cento de exemplares na citada praia, seguiremos prestando os máximos coidados
e atención a esta especie para garantir a súa presenza nesta marxe do Miño.
No ano 2001 iniciamos na praia de Camposancos, A Guarda, o ProxectoOtanthus coa finalidade de recuperar a planta denominada Otanthus maritimus. É esta unha especie propia dos areais costeiros. Ata o ano 2001, tiñamos censadas na mencionada praia, única da comarca do Baixo Miño na que está presente a mesma, unha ducia de exemplares, polo que a situación desta especie, a nivel comarcal era de "situación crítica". Esta situación mudou radicalmente no ano 2001, debido a unha neglixente actuación na mencionada praia, dando como resultado a desaparición total de Otanthus na mesma. Durante dous anos (parte de 2001 e parte de 2002) tratamos de reintroducir a planta por medio de sementes (procedentes das veciñas praias do outro lado do Miño), pero os resultados foron negativos e non conseguimos que as sementes fosen adiante. Nos anos 2002 e 2003 iniciamos un novo proceso: trouxemos varias decenas de pequenas matiñas das praias portuguesas veciñas, transplantando as mesmas na beira dereita da desembocadura do Miño. Durante estes anos continuamos coa mesma dinámica. Temos que subliñar que as pequenas plantiñas eran collidas en zonas susceptibles de ser pisadas ou destruídas (zonas de paso; de actuación das máquinas de limpeza ou proclives a ser usadas polos bañistas).
O censo de Otanthus maritimus na praia de Camposancos,
efectuado o pasado 2 de xaneiro, deu un resultado esperanzador para a especie. Contabilizamos un total de 44 matas, ou
sexa, en sete anos cuadriplicamos o número de matas que había ata o ano 2001. A repartición dos exemplares nos distintos tramos
da praia é a seguinte:
O Puntal.............. 12 exempl. (Tres plantados por nós nos anos 2001 e 2003, e nove nados na praia).
O Muíño............... 19 exempl.(Todos eles nados na propia praia).
Forte..................... 9 exempl. (Catro plantados por nós no ano 2007 e cinco nados na praia).
A Lamiña............. 4 exempl.(Plantados por nós no ano 2003).
Armona................ 0 exempl.
Caldeiro.............. 0 exempl.
Codesal............... 0 exempl.
11 matiñas de Otanthus foron transplantadas, trasladándoas dunha zona na que a existencia
das mesmas estaba ameazaba, por ocupar un área utilizada polos bañistas, a outra zona próxima e máis segura. Aínda quedan por transplantar
outros sete exemplares.