COÑECER Á PÍLLARA/BORRELHO
ONDE APARECEN OS NIÑOS?
Polo común, os niños están sobre a parte da praia que non ten vexetación, ou
esta é moi escasa, ou sexa, van estar preferentemente dende a liña de marea ata a vexetación dunar.
COMO SON OS NIÑOS?
O niño é unha simple coviña no chan. Os ovos están directamente na area. Poden estar
camuflados entre cunchas ou ben non ter nada ao seu arredor. Son da mesma cor que a area polo que resulta difícil decatarse da súa
presenza, deste xeito pasan desapercibidos ante posibibles depredadores.
QUEN CHOCA OS OVOS?
Pois tanto o macho como a femia. Normalmente a femia faino polo día e o macho pola
noite. Pero non sempre é así. As veces un dos dous proxenitores marcha da zona, polo que todo esforzo da cría recae no adulto que
queda.
COMO DISTINGUIR O MACHO DA FEMIA?
O macho ten a cabeza dun tono amarelento, cunha franxa escura na fronte.
As meixelas tamén teñen unha mancha negra ao igual que no pescozo. As veces os machos carecen do tono amarelento. A femia non ten
amarelo na cabeza e carece das manchas escuras.
QUE TEMOS QUE SABER DOS POLOS?
Os polos son nidífugos, isto é, ao pouco de nacer xa corretean polo areal.
Teñen unhas patas desproporcionadas e o corpo está cuberto de plumón.
PERIGOOOOOOOO!!!!!!
Os polos cando atisban un posible perigo achántanse e permanecen inmóbiles todo
o tempo que sexa necesario. Aínda que esteamos ao seu lado non se van mover para nada. Por iso, cando se limpa a praia mecanicamente
moitos deles son levados pola pala ou esmagados.
OS PRENIÑOS
Antes de ter o niño definitivo, o macho vai facer uns cantos preniños que son pequenas covas
na area semellantes aos niños.
A posta normal son tres ovos.
Non é raro que aparezan postas de dous ovos.
Pero as veces, aínda que é raro, pode aparecer algunha posta con catro ovos ou cun só. Neste último
caso, adoitan abandonar o niño.
DEFENSA DOS NIÑOS E POLOS
Cando os proxenitores decátanse dalgún posible perigo para as postas ou para
os polos, teñen un curioso comportamento para atraer a atención. Vanse facer os feridos e mesmo sobrevoar moi próximo ao potencial
perigo, deste xeito tratan que ese potencial perigo vaian tras deles e así van alonxandoo da zona de nidificación ou dos polos..
PEGADAS
Para saber se nunha determinada zona temos píllaras, soamente temos que prestar atención ás
pegadas do chan. .
CO APOIO ECONÓMICO DE
WEEDEN FOUNDATION
Coordinación proxecto praia de Camposancos:
-Agustín Ferreira Lorenzo
Coordinación proxecto praias norte Portugal:
-Noé Ferreira Rodríguez
Grupo de traballo:: -Angílica Entenza, Carlos
-Dorado Senra, Luis
-Ferreira
Lorenzo, Agustín
-Ferreira Lorenzo, Antón.
-Ferreira Rodríguez, Noé
-González
de Dios, Mª Consuelo
-Pombal Diego, Manuel A.
-da Silva Diz, Ricardo.
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotos:Luis Dorado Senra
Agustín Ferreira Lorenzo
Noé Ferreira Rodríguez
As píllaras/borrelhos dependen de nós.
Se queres colaborar neste proxecto como VOLUNTARI@, preme AQUÍ
COÑECER MELLOR Á PÍLLARA/BORRELHO
Os textos e fotografías que veñen a continuación, teñen como finalidade
dar a coñecer un pouco máis a esta especie. Pensamos que poden vir ben sobre todo para aquelas persoas que non están familiarizadas
con esta ave.
De xeito moi resumido espoñemos os aspectos que consideramos máis salientables.