NO BAIXO MIÑO
GALEGO-PORTUGUÉS
Mapa de distribución de Charadrius alexandrinus (píllara das dunas/borrelho-de-coleira-interrompida) no Baixo
Miño galego-portugués.
A liña verde punteada fae referencia á presenza desta ave ocasionalmente.
A liña verde continua sinala a área onde pode verse todo o ano coincidente coa principal zona de nidificación.
Nome galego: Píllara das dunas; píllara papuda.
Nome portugués: Borrelho-de-coleira-interrompida.
CO APOIO ECONÓMICO DE
WEEDEN FOUNDATION
Coordinación proxecto praia de Camposancos:
-Agustín Ferreira Lorenzo
Coordinación proxecto praias norte Portugal:
-Noé Ferreira Rodríguez
Grupo de traballo:: -Angílica Entenza, Carlos
-Dorado Senra, Luis
-Ferreira
Lorenzo, Agustín
-Ferreira Lorenzo, Antón.
-Ferreira Rodríguez, Noé
-González
de Dios, Mª Consuelo
-Pombal Diego, Manuel A.
-da Silva Diz, Ricardo.
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotos:Luis Dorado Senra
Agustín Ferreira Lorenzo
Noé Ferreira Rodríguez
As píllaras/borrelhos dependen de nós.
Se queres colaborar neste proxecto como VOLUNTARI@, preme AQUÍ
A príncipal área de nifificación de Charadrius alexandrinus no Baixo Miño atópase na franxa costeira portuguesa,
fundamentalmente entre Afife e Moledo. Toda a franxa ten unha lonxitude duns 15 quilómetros, a maior parte areais, pero hai tramos
rochosos. É unha costa baixa, sen cantís, rectilínea e submerxida coa marea alta e aberta directamente ao mar, sen baías. Bordeada
exteriormente por pistas e/ou estradas. O vento é habitual. Non son praias masificadas polo de agora, hai que algúns tramos poden
ter unha incidencia relativamente forte no verán. Practicamente todo o ano hai practicantes de surf provintes principalmente tanto
do propio país como do sur de Galicia.
As acacias (Acacia sp) e a uña de gato (Carpobrotus edulis) son
as especies botánicas (exóticas) que inciden negativamente nas plantas autóctonas, cubrindo en ocasións amplas superficies dos areais.
Nos últimos anos (dende o 2013) lévanse a cabo actuacións directas sobre o areal e zonas adxacentes (aparcamentos) que modifican
drasticamente a superficie e inciden negativamente sobre as diferentes especies de flora e fauna. Estas actuacións van encamiñadas
a favorecer e atraer a usuarios a estas zonas.