EQUIPO RESPONSABLE
 
AXENTE FORESTAL............................................. Emilio Alonso Gómez (Arriba)
AXENTE FORESTAL............................................ José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)
AXENTE FORESTAL............................................ Ricardo da Silva Diz (Centro)
FOTÓGRAFO...................................................... Luis Dorado Senra (Dereita)
 
 COLABORADORES........................................... Membros do GT de ANABAM
 
Área recreativa do Alto do Coello
 
Concello:   Tui
Parroquia: Randufe
Lugar:        Alto do Coello
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X  526981
                                                                            Y 4656030
 Instalaciónns:   - Acceso a persoas con discapacidade
                         - Fonte de Auga potable
                         - Bancos e mesas
                          -Asadores
 Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si
 Autor e data das fotografías:  Luis Dorado Senra,  23 - 07 - 2014
 
Imaxe da esquerda: Monolito que preside o monte e que se mira ao chegar dende o veciño Portugal pola ponte nova da autovía.  
Obsérvese na foto inferior dende o mirador á dereita da imaxe a citada ponte.
 
 

 

 
Descripción e algúns datos de interes
 
  Son principal atractivo desta Área recreativa  os seus tres miradoiros; mesmo teñen un deseño que os fai peculiares  e moi vistosos, pois neles o cemento finxe formas vexetais (imita troncos e polas de árbores podadas); desde estes  miradoiros poden contemplarse magníficas vistas do Baixo Miño galego-portugués, na perspectiva que desde alí  se ten aparece con maior relevancia a contemplación, privilexiada pola  altura deste Alto, da fortaleza que rodea a cidade  veciña de Valença do Minho.
O arborado da Área  está formado principalmente por piñeiro do país (Pinuspinaster).
Nas proximidades existen diferentes restos arqueolóxicos como mámoas ou petróglifos.
Moi próximo a esta Área atópanse as instalacións do equipo de fútbol Tyde FC, e un pouco mais lonxe,   a 3,5 Km, o centro de Tui
 
Mirador con Randufe aos seus pes e Portugal o fondo.

 

Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.
 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde
 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

 

Actualización: 15-10-2014
GUÍA  ANABAM  DAS
 
ÁREAS  RECREATIVAS  DO  BAIXO  MIÑO
 PORTADA   BAIXO NIÑO   ÍNDICE  E  MAPA  INTERACTIVO DAS  ÁREAS RECREATIVAS