Área recreativa de Pías
EQUIPO RESPONSABLE
AXENTE FORESTAL............................................. Emilio Alonso Gómez (Arriba)
AXENTE FORESTAL............................................
José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)
AXENTE FORESTAL............................................ Ricardo da Silva Diz (Centro)
FOTÓGRAFO...................................................... Luis
Dorado Senra (Dereita)
COLABORADORES........................................... Membros do GT de ANABAM
Localización
Concello: O
Rosal
Parroquia: San Miguel de Tabagón
Lugar: A ponte do río Tamuxe
Coordenadas
Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 514128
Y
4640300
Instalacións: - Acceso a persoas con discapacidade
- Fonte de Auga potable
- Bancos e mesas
-
Parque infantil
- Parque adultos
- Pistas deportivas
- Zona de baño
- WC público
- Cafetería ( quiosco ocasional )
Acceso: Coche: Si
Autobús : si
Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, 10
- 13 -2014 ( Excepto * )
Elementos que se conservan da antiga fábrica de madeira.
Descripción e algúns datos de interese
Situada nun lugar paradisíaco que non pasa desapercibida pola beleza da súa paisaxe,
atópase no encontro do río Tamuxe co pai Miño, na súa etapa final, antes de verter as súas augas no Océano Atlántico.
A disposición
da Área asemella dividida polas pontes que cruzan o río Tamuxe,e así, mentres o espazo que está situado na zona inferior
das pontes ten a particularidade de formar parte da Rede Natura, a parte superior ocupa a zona que antigamente era a fábrica
e aserradoiro de madeira, da que se conservan algúns vestixios de tempos pasados.
As súas pistas deportivas,
co parque infantil, fan que este lugar sexa un reclamo para as familias que buscan un lugar de disfrute na natureza, a “Senda
de pescadores do río Miño e Tamuxe, PRG-112”, tamén discorre por esta área que pasa, así mesmo, por
outras dúas Áreas Recreativas: a de San Miguel e a das Aceñas.
Os amantes da ornitoloxía encontrarán bastantes alicientes para
iniciar dende este lugar a observación de aves acuáticas, percorrendo o estuario do Miño na súa procura.
Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida
nestas épocas do ano.
Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde
E
recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios, disfrutámolos
Actualización: 18-01-2015
GUÍA ANABAM DAS
ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO