Parque Natural Monte Aloia (6):
Área recreativa de Circos
Descripción e algúns datos de interes
Pequena Área situada nun dos límites do Parque Natural Monte Aloia, ten tamén a
particularidade de estar situada moi próximaao inicio da Senda dos Muiños do Río Tripes, unha senda de gran atractivo entre
as moitas de que dispón o parque e na que se celebra no mes de maio a festa “ Os nosos fariñeiros, burros e muiños” organizada
pola asociación muiñeiros do ríoTripes e que vai xa pola XIII edición. http://muineirosdotripes.blogspot.com.es/
Conta
esta área cuns módulos no parque infantil, por ser moi antigos están xa algo deteriorados.
Neste lugar, festéxase polos
veciños e forasteiros cada 23 de xuño o San Xoán coa tradicional fogueira, na que non faltanas sardiñas e o viño todo de
balde, alomenos ata o de agora.
En tempos (35 anos máis ou menos) chegouse a celebrar neste lugar a festa dos Carozos, con misa de
campaña, poxas, rosquilleiras, etc.
Conta esta área tamén con lavadoiro cuberto cun tellado, e na súa vexetacion destaca un plataneiro
de sombra, un piñeiro do país de gran envergadura asi como diversas árbores exóticas e autóctonas-5 -2014