ÁRBORES  E  ARBUSTOS 
EXTRAORDINARIAS  DO  BAIXO  MIÑO
Guía ANABAM das

CARBALLO DO NORTE

Actualizada o 20-05-2013

Nome científico: Quercus rubra

 Nome común galego:  Carballo americano

 Nome común castelán : Roble americano

 Idade estimada: 100 anos 

Localización

 Concello: Tomiño

 Parroquia: Tomiño

 Lugar: Barrio de Paredes ao lado dun camiño público, nun prado.

 Coordenadas Datum WGS 84,huso UTM 29 T: X 520118  Y 4647260

 Altitude: 10 metros.

 Medidas

 Altura: 21 metros

 Diámetro a 1,30 m: 1,40 metros

 Perímetro a 1,30 m: 4,40 metros

 Diámetro da copa:  40 metros

 Data das fotografías     7 – 2 – 2012  e  1 – 6 -2012

 

 Observacións: O propietario desta arbore é o señor Manuel que aos 97 anos segue contando historias dos seus tempos ou o que é o mesmo, da súa vida. Tamén é solicitado por algún veciño cando se precisa da súa boa memoria, como recorda unha veciña que non sabendo cal era o seu parente nunha foto antiga  acudiu ao señor Manuel.

 Tamén van onda el os que queren coñecer cantigas dos tempos mozos de Manuel, pois aínda ten memoria para cantalas.

   A árbore, conta o señor Manuel, foi plantada polo seu irmá maior cando era mozo.  O carballo non é moi alto, pero estirou as súas polas ao máximo e teñen un tamaño impresionante .

 Tan agradable como ver unha árbore tan extraordinaria é falar co señor Manuel e escoitar as súas lembranzas.

 

A fin do ‘Carballo do Norte’

No mediodía do 25 de abril,  o xa moi deteriorado tronco do centenario ‘Carballo do Norte’‘ non foi quen de soportar o tremendo peso das súas enormes pólas e caeuse con grande estrépito.

 

     É a segunda baixa que temos dende que comezamos esta andaina de ‘árbores e arbustos do Baixo Miño’. Neste caso a baixa prodúcese por causas naturais, non como producto da actividade humana. Naturalmente, como ten que ser, chegou a fin dunha árbore centenaria e monumental.

     

    Queremos deixar constancia nesta reportaxe do tamaño das súas pólas máis senlleiras, que causaban admiración a todo o que se achegaba a observalo.

 

     Tomamos as medidas de dúas das dezaoito que nacían do seu eixo, dezaoito nada menos, iso pode dar a idea da inmensa ramificación que se desenvolveu nesta árbore.

 

     Para a veciñanza, é unha perda moi sentida, pois este era unha das árbores máis carismáticas, emblemáticas, poderiamos dicir, do pobo.

 

 

 

     Na fotografía, a señora Elsa pousa ao lado do que fora e será orgullo do barrio, o ‘Carballo do Norte’. Cando ela naceu, xa estaba alí este xigante que permaceu uns 100 anos de pe, do Barrio de Paredes en Tomiño.

 

 


MEDICIÓNS TOMADAS DE DÚAS DAS SÚAS PÓLAS:

 

     -Superaban os 20 metros de longo.

 

     -1ª  Póla perímetro na base: 2,30 metros e diámetro: 0,73 metros

 

     -2ª  Póla perímetro na base : 2,20 metros e diámetro: 0,70 metros

 

Data das fotografías:  22 – 3 -  2013

 

 

 

 

Un dos autores da reportaxe enriba dunha das pólas.

PORTADA         FLORA         ÍNDICE ÁRBORES EXTRAORDINARIAS