ÁRBORES  E  ARBUSTOS 
EXTRAORDINARIAS  DO  BAIXO  MIÑO
Guía ANABAM das

ARBORETO DA

ESTACIÓN DO TREN DE TUI

Actualizada o 04-08-2012

     Introdución : A ponte internacional que une Valença e Tui comezouse no ano 1882 e rematouse no 1884, sendo inaugurada o 25 de marzo de 1886.

   En Tui construíuse unha estación de madeira para dar servizo aos  pasaxeiros  da nova liña e, co tempo, construíuse enfronte a esta unha nova estación, que é a que temos hoxe en día. Supoñemos que o ‘arboreto’ faríase nese intre, aínda que non todas as árbores  que agora o compoñen procedan desa primeira plantación.

Estas son as árbores que forman actualmente o "arboreto":

1 cedro, 1 magnolio, 3 aligustres , 1 loureiro cereixo, 1 cordyline, 1 camelia, 2 nogais negros e 1do país.

 Localización

 Concello: Tui

 Lugar: Avda. da Concordia

 Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:  X 529556     Y 4656140

 Altitude:  40 metros

 

    

 O cedro

 Nome científicoCedrus deodara

 Nome común galego:  Cedro do Himalaia

 Nome común castelán : Cedro del Himalaya

 Idade estimada:mais de 100 anos

 Medidas

 Altura: 27 metros

 Diámetro a 1,30 m: 1,13 metros

 Perímetro a 1,30 m: 3,55 metros

 

 

O magnolio

 Nome científico: Magnolia grandiflora

 Nome común galego; Magnolio

 Nome común castelán: Magnolio

 Idade estimada: mais de 100 anos

 Medidas

 Altura: 16 metros

 Diámetro a 1´30 m: 1,28 metros

 Perímetro a 1,30 m: 4,05 metros

 

O Teixo

 Nome científico:Taxus baccata

 Nome común galego;  Teixo

 Nome común castelán: Tejo

 Idade estimada: mais de 100 anos

 Altura: 8 metros

 Perímetro basal: 3,55 metros ,

tendo polas dende a base.

Magnolio
Cedro
PORTADA         FLORA         ÍNDICE ÁRBORES EXTRAORDINARIAS