ÁRBORES  E  ARBUSTOS 
EXTRAORDINARIAS  DO  BAIXO  MIÑO
Guía ANABAM das

ALCIPRESTE DO

MONTE TREGA (A GUARDA)

 
 
Actualizada o 01-11-2012
 

Nome científico: Cupresus macrocarpa

 Nome común galego:  Ciprés ou alcipreste de Monterrei

 Nome común castelán: Ciprés de Monterrey

 Idade estimada:    97 anos

 Concello: A Guarda

 Lugar: Poboado castrexo do monte Trega

 Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM  29 T:  X 510861  Y 4637856

 Altitude:  250 metros

 Data e autor das fotografías:   20 – 10 – 2012, Luís Dorado Senra

 Medidas:

 Altura: 20 metros

 Diámetro a 1,30 m : 1,52 metros

 Perímetro a 1,30 m:  4,78 metros

 

Observacións: * No ano 1914 restaurouse a fonte do poboado castrexo e no seguinte ano realizáronse no Trega plantacións de distintas especies facilitadas polo viveiro forestal de Areas a Sociedade Pro-monte, entre elas menciónanse 30 cipreses (quizais algún podería ser este). Dirixía estes traballos o enxeñeiro Areses.

 Nunha fotografía de 1926 vese un paseo con distintas especies ornamentais, de moi pequeno porte a carón da fonte antes mencionada.

(Datos facilitados por Antón Ferreira Lorenzo) 

A última árbore das

primeiras repoboacións do Trega

 

O alcipreste do poboado castrexo

     Esta árbore é a primeira perda que temos dende que iniciamos esta andaina de árbores do Baixo Miño. E sucede apenas uns meses despois de incluíla  nesta obra, xustamente no Nadal. Nun día de temporal tronzouse unha póla deixando a árbore bastante lastimada e, o que é peor, acentuando a súa anterior debilidade, que se observa claramente no seu tronco xa enfermo e de pouca consistencia. Isto motivou aos responsables do Trega a ter que cortarlle todas as pólas polo perigo que representaban, deixando o seu tronco unicamente como testimonio do que algún día fora unha magnífica árbore.  

Tamén se cortaron outras árbores próximas por igual motivo.

 

    Esta árbore representaba esas primeiras repoboacións realizadas no Trega polo enxeñeiro Areses, a solicitude da Sociedade pro-monte. Queremos poñer aquí dúas fotografías facilitadas por Miguel Reboredo da zona da Fonte e dos Castros, no que se observan os alciprestes.

Esta fotografía da esquerda debe ser do ano 1926.
Actualizada o 15-01-2012
PORTADA         FLORA         ÍNDICE ÁRBORES EXTRAORDINARIAS