ÁRBORES  E  ARBUSTOS 
EXTRAORDINARIAS  DO  BAIXO  MIÑO
Guía ANABAM das

Árbores da

Alameda de  A  Guarda

 
 
Actualizada o 20-10-2012
 
Palma pequena (esquerda) e araucaria (dereita)

Nome científico:   Araucaria heterophylla

                               Araucaria excelsa

 Nome común galego:  Araucaria

 Nome común castelán:  Araucaria de pisos,
                                           Pino de la isla de Norfolk

 Medidas:

 Altura: 30 metros

 Diámetro a 1,30 m :0,95 metros

 Perímetro a 1,30 m:3 metros

 Nome científico:   Phoenix canariensis

 Nome común galego:  Palma canaria

 Nome común castelán:  Palmera canaria

 Medidas:

 Altura: 18 metros                                Altura: 11 metros (ó carón da Araucaria)

 Diámetro a 1,30 m :0,63 metros         Diámetro: 0,62 metros

 Perímetro a 1,30 m: 2 metros              Perímetro: 1,95 metros

Nome científico: Butia capitata

                            Cocos capitata

 Nome común galego:     Palma do Brasil

 Nome común castelán:   Palmera de la jalea , Butia, Palma de Brasil

 Medidas:

 Altura: 9 metros

 Diámetro a 1,30 m :0,60 metros

 Perímetro a 1,30 m:1,90 metros

 Idade estimada das catro árbores :  117  anos

 Outros árboles da Alameda: magnolio,  ligustrum, catalpa, camelia, criptomeria, árbore do amor, liquidámbar, prunus, cedros. 

 Concello: A Guarda

 Lugar:  Alameda

 Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM  29 T:  X 511037   Y 4639068

 Altitude: 52 metros

 Data e autor das fotografías:  20 – 10 – 2012,  Luís Dorado Senra

 

Alameda da Guarda

  * Debese a construción da Alameda a un dos alcaldes e avogados mais novos da Guarda  D. Domingo Antonio Español López.

 No ano de 1850  decídese a creación da Alameda con plantación de árbores sendo a inauguración dous anos despois en 1852.

   Na sesión de 18/11/1894, presidida polo alcalde D. Agustín Sobrino tratan de: Alameda de San Pedro ( que así se chamaba) na que se presenta un estudio e un plan para reformar a Alameda cambiando o arborado actual por outro mÁis bonito para toda clase de paseos.

  Na sesión plenaria do 3/03/ 1895, maniféstase que na sema seguinte daría inicio a plantación dos novas árbores .

 ( Nunha foto de finais do XIX  aparece a Araucaria , nós pensamos que esa foto  podería ser de inicios do século XX polo tamaño no que aparece a Araucaria e é pouco probable que xa estivese plantada con anterioridade ao ano de 1895; as palmas tamén deben de ser da mesma plantación, xa que noutra foto anterior (a colocación do chafariz na década de 1950), xa aparecen con bo tamaño.

 As fotos aparecen no artigo, as conclusións facémolas nós a vista das fotos)

 ( *Datos recollidos dun artigo de José Antonio Uris Guisantes, publicado en www.galiciasuroeste.info, dende aquí queremos felicitalo polo bo traballo realizado e sen o cal esta ficha quedaría  espida coma unha árbore en outono . Tamén agradecer a Antón Ferreira que nos deu a coñecer o citado artigo.  Pódese consultar o mesmo neste enlacehttp://www.galiciasuroeste.info/varios/alameda.htm  

 

Palma canaria (esquerda) e Butia (dereita)
PORTADA         FLORA         ÍNDICE ÁRBORES EXTRAORDINARIAS