ÁRBORES  E  ARBUSTOS 
EXTRAORDINARIAS  DO  BAIXO  MIÑO
 

Para que esta presentación o sexa en verdade bastará dicir que a varios axentes forestais pareceunos boa idea facer unha especie de catálogo de árbores senlleiras (ou polo menos sobresaíntes) na contorna do Baixo Miño, as nosas razóns poderían ser moitas pero compre resumilas porque o interesante (se chega a selo) será o que veña despois... A primeira e principal motivación que temos é dar a coñecer ao público en xeral valores que ten o entorno do Baixo Miño, que ao noso parecer son ben dignos de salientarse.

     Entendemos que podemos así deixar a nosa pequena pegada homenaxe aos forestais ilustres (como o señor Rafael Areses, a quen haberá ocasión de citar en relación coa súa obra: creación do Viveiro Central Forestal de Areas en 1906, contribución ao coñecemento da flora exótica dos nosos parques e xardíns, a repoboacións diversas etcétera), tamén aos que, como o Bispo Salvado, trouxeron ata aquí sementes de moi lonxe cos motivos que foran, a tantos outros e outras, anónimos,  profesionais ou afeccionados sen máis, que a seu modo e cos seus medios contribuíron a que teñamos o que agora é motivo de orgullo e gozo para todos e todas nós.

     Pero máis que aos profesionais, que tamén, o noso traballo vai dirixido aos afeccionados e afeccionadas, así como a quen só por curiosidade gusta de ver estas cousas. O noso será un catálogo de ‘representantes da natureza que por distintos motivos (o seu tamaño, a súa lonxevidade, algunha característica tal como a rareza etcétera) chaman a atención de quen os ve, sexan veciños, veciñas ou visitantes de lonxe ou de preto. En certo sentido, pensamos, coñecelos será querelos máis, ser coñecidos pode contribuír a que sexan tidos en conta e coidados se chega a ser necesario. Por outra parte, o feito de que algúns destes verdadeiros monumentos vexetais chegaran a formar parte da toponimia dos lugares (quen non escoitou falar da Costa do Piñeiro Manso?) pon ben de relevo o que aquí queremos reflectir, e algo do interese do que se revisten ás veces certos exemplares. Comprometémonos a deixar constancia nesta páxina das árbores e arbustos, autóctonos ou non, pola súa singularidade de toda índole; das formacións boscosas;  dos lugares de interese, incluídas as áreas de lecer, pola vexetación que os poboa, pola paisaxe que os rodea ou por outros motivos diversos. Hannos vir ben as achegas, informacións ou indicios de por onde seguir buscando, non nos cabe dúbida de que é moita a oferta, e como esperamos que a demanda o sexa igualmente, tamén estamos seguros de que moitos e moitas dos e das que lean isto poden ter algo que dicir que nós non saibamos, e toda achega será enriquecedora. 

 

 

Guía ANABAM das

Acibro da Portela

(Burgueira, Oia)

 Nome científicoIlex aquifolium

 Nome común galego:  Acevo, acivro, xardo, acevro.

 Nome común castelán : Acebo

 Idade estimada: máis de 100 anos

 Localización

 Concello: Oia

 Parroquia: Burgueira

 Lugar:  A Portela

 Como chegar: situándose nas ruínas da casa forestal, coller a primeira entrada á Portela e, ao seguir, a primeira pista de terra á dereita enfronte a unha pequena charca, baixar ata atopar unha zona arborada, seguir pola dereita a carón do muro de cerre ata atopar o loureiro que está no muro, entrar por ahí , os acevos están 20 m máis abaixo perto do muro e do regato, no muro está o Carballo.

 Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 512375  Y 4650458

 Altitude: 400 metros

 Data fotografías e autor :  10 – 5 – 2012 ,  Luís Dorado Senra

 Medidas

 Altura 1ª :   12,50 metros                                        Altura 2ª: 13 metros

 Diámetro 1ª a 1,30m do chan: 0,39 metros           Diámetro 2ª a 1,30m :  0,32 metros

 Perímetro 1ª a 1,30m do chan : 1,25  metros         Perímetro 2ª a 1,30 m: 1,01  metros

 Altura 3 ª:  15 metros

 Diámetro 3ª a 1,30 m: 0,52 metros

 Perímetro 3ª a 1, 30 m: 1,65 metros

Observacións:

Monte particular no que existe unha mestura de especies no que tamén destaca un Loureiro de 3 m de perímetro e 11 m de altura, está ramificado dende a base en seis pólas aínda que fai un so tronco ata pasar os 1,30 metros de altura. Tamén destaca un Carballo  de 2,95 metros de perímetro.

 

 
 
Actualizada o 28-02-2012
PORTADA         FLORA         ÍNDICE ÁRBORES EXTRAORDINARIAS