NO BAIXO MIÑO
Orde....................... Anura
Familia.................. Ranidae
Xénero................... Pelophylax
Especie.................. P.
perezi
Nome galego: Ra verde.
Véxanse outros nomes AQUÍ
Calificación para o Baixo Miño.......Non se aprecia ameazas para a especie nesta bisbarra..
IDENTIFICACIÓN: Tamaño mediano a grande. Sobrepasa os 10 cm. Liña clara que percorre lonxitudinalmente o
dorso. Na meirande parte dos casos verduxenta con manchas escuras.
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
22-02-2018
DISTRIBUCIÓN: Distribuída por todo o territorio, dende o nivel do mar ata as máximas alturas da bisbarra,
sempre e cando haxa charcas permanentes.
A ra verde é un batracio pouco esixente en canto á calidade das augas, pero precisa da existencia das mesmas
para a súa supervivencia xa que ten que remollarse cada certo tempo. Esta especie está, pois, moi ligada ás augas, que poden ser pozas
máis ou menos grandes, pouco profundas, augas someras e cursos de regatos onde a auga non teña moita corrente.
COLABORADORES: Villasenín Álvarez, Ángeles
Foto: Ángeles Villasenín Álvarez
Foto: Ángeles Villasenín Álvarez
Fotografía da esquerda, pode observarse perfectamente o tímpano ao lado do ollo. Nesta especie o tímpano é
grande.
Á dereita un macho cantando.
No mapa de distribución (1987-1992) podemos ver
como a ra verde ocupa practicamente todo o territorio do Baixo Miño.
Individuo a piques de transformarse en adulto. A cola non tardará en desaparecer.
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
Dorado Senra, Luis
Ferreira Lorenzo, Agustín
Ferreira Lorenzo, Antonio
Ferreira Rodríguez, Noé
González de Dios, Mª Consuelo
Pombal Diego, Manuel Á.
da
Silva Diz, Ricardo