NO BAIXO MIÑO
Orde....................... Anura
Familia.................. Alytidae
Xénero................... Discoglossus
Especie..................D. galganoi
Nome galego: Sapo pinto.
Véxanse outros nomes AQUÍ
Calificación para o Baixo Miño.......En
regresión por
destrución do seu hábitat.
IDENTIFICACIÓN: Tamaño mediano a pequeno. Pel húmida, case lisa. Parécese máis a unha ra que a un sapo. Moteado, con manchas
escuras sobre fondo castaño.
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
22-02-2018
Mapa de distribución no Baixo Miño. Datos obtidos a partir de 2010. En verde cadrículas onde se observou.
Segundo as nosas observacións, parece que esta especie está diminuíndo en canto o número de exemplares,
pois nos anos oitenta e noventa encontrábamolo con máis facilidade que nestas dúas primeiras décadas do século XXI.
As dúas formas nas que podemos atopar ao sapo pinto. Á esquerda, fase manchada, a máis abondosa (exemplar
de Pinzás, Tomiño, 7/4/2012). Á derecha, individuo raiado (Pinzás, Tomiño, 11/4/2009).
Fotografías: Luis Dorado Senra
Fotografías: Luis Dorado Senra
Entre os anos 1987 a 1992, percorremos o Baixo Miño na procura de datos do sapo pinto para oAtlas de Anfibios do Baixo Miño. O resultado deses cinco anos de traballo queda reflectivo no mapa da dereita.
Fotografías: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotografías: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotografías: Agustín Ferreira Lorenzo
Este pequeno anuro seméllase ás ras en canto ao hábitat. Precisa, ao contrario dos sapos, estar
próximo a zona de auga, xa que a súa pel necesita manter unha humidade constante.
Inferiormente carece
de manchas. ventre liso e claro, abrancazado ou lixeiramente amarelento.
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
Dorado Senra, Luis
Ferreira Lorenzo, Agustín
Ferreira Lorenzo, Antonio
Ferreira Rodríguez, Noé
González de Dios, Mª Consuelo
Pombal Diego, Manuel Á.
da
Silva Diz, Ricardo