NO BAIXO MIÑO
Orde....................... Anura
Familia.................. Hylidae
Xénero................... Hyla
Especie.................. H. molleri
Nome
galego: Estroza
Véxanse outros nomes AQUÍ
Calificación para o Baixo Miño.......En descenso pola diminución ou alteración do seu hábitat.
IDENTIFICACIÓN: Tamaño menor de cinco cm. Ra inconfundible polas franxas que percorren lateralmente os costados. A cor predominante
é verde clara, pero esta ra pode cambiar de cor. Pel liso.Os dedos rematan nunha especie de ventosas.
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
22-02-2018
Mapa de distribución no Baixo Miño. Datos obtidos a partir de 2015. En verde cadrículas onde se observou.
En vermello, cadrículas onde se deixou de ver (dende febreiro de 2011).
Foto: Óscar Álvarez Alonso
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
Hyla arborea é o anuro (anfibios sen cola) máis pequeno de cantos se atopan na comarca do Baixo
Miño, chegando apenas ós catro centímetros de lonxitude.
A cor predominante é verde clara, pero esta pequena ra ten a posibilidade de cambiar de cor para mimetizarse
co entorno. Na fotografía vemos dúas estrozas, unha coa cor "normal" e outra castaña. Ámbolos dous exemplares observados no humedal
de Pinzás (Tomiño), unha das zonas húmidas máis interesantes do Baixo Miño.
Posúe un canto característico
e potente. Resulta máis doada de detectar por este canto que pola súa observación. Por certo, na maioría das películas onde se escoitan
cantar ás ras, o canto que adoitan poñer é, precisamente, o da estroza.
Na fotografía da dereita obsérvase perfectamente como a cor da estroza confúndese totalmente
co entorno que a rodea.
Hyla molleri é unha ra gabeadora. Os discos dos seus dedos actúan como ventosas o que lles permite
gabear polas plantas. Deste xeito, en días de chuvia ou húmidos, pode permanecer facilmente fora da auga, pois, como vimos con anterioridade,
pasa desapercibida pola súa cor mimética. Nos días secos, permanecerá no interior da súa charca.
Á dereita, mapa correspondente aos rexistros de estroza levado a cabo por ANABAM, entre os
anos 1987 a 1992, segundo o Atlas de Anfibios do Baixo Miño, publicado por ANABAM no ano 1995.
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
Dorado Senra, Luis
Ferreira Lorenzo, Agustín
Ferreira Lorenzo, Antonio
Ferreira Rodríguez, Noé
González de Dios, Mª Consuelo
Pombal Diego, Manuel Á.
da
Silva Diz, Ricardo