NO BAIXO MIÑO
Epidalea calamita
Orde....................... Anura
Familia.................. Bufonidae
Xénero................... Epidalea
Especie.................. E.
calamita
Nome galego: Sapo corriqueiro
Véxanse outros nomes AQUÍ
Calificación para o Baixo Miño.......En
regresión por
destrución do seu hábitat.
IDENTIFICACIÓN: Tamaño pequeno. Menor de 10 cm. Ollos verdes con pupila horizontal. Franxa clara, lonxitudinal, polo lombo.
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
22-02-2018
Observación dorsal e ventral do sapo corriqueiro. En vista dorsal aprézase perfectamente a liña lonxitudinal,
dunha cor amarelenta, que percorre o dorso. Ventralmente presenta manchas que poden ser moito ou pouco numerosas.
Un membro de ANABAM fotografando un exemplar de
sapo corriqueiro, durante unha das saídas de campo na que se recollei
datos da presenza desta especie.
Mapa de distribución no Baixo Miño. Datos obtidos a partir de 2010. En verde cadrículas onde se observou.
O sapo corriqueiro non se despraza a saltos, como si o fae o sapo común. Tan e como indica seu nome, acostuma
desprazarse correndo. Este é un sapo de mediano tamaño, de cor castaña clara. Corpo verruguento. Soamente acude ás charcas para se
reproducir, no resto do ano pode estar bastante lonxe das zonas de reprodución, mesmo en terreos extremadamente secos.
Foto: Manuel A. Pombal Diego
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
Mapa de distribución realizado a partir dos datos recollidos entre os anos 1987 a 1992, para o Atlas dos Anfibios
do Baixo Miño.
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
Dorado Senra, Luis
Ferreira Lorenzo, Agustín
Ferreira Lorenzo, Antonio
Ferreira Rodríguez, Noé
González de Dios, Mª Consuelo
Pombal Diego, Manuel Á.
da
Silva Diz, Ricardo