Norte Portugal
PROJETO BORRELHO 2018
CO APOIO ECONÓMICO DE
WEEDEN FOUNDATION
- AMADRIÑA/APADRIÑA UN NIÑO -
Todos sabemos que as píllaras/borrelhos necesitan da nosa axuda para saír adiante. A moitas persoas lles gustaría colaborar neste
proxecto mais, polas razóns que sexan, non poden facelo directamente, por iso dende ANABAM ofrecemos a posibilidade de que todas aquelas
que estean interesadas, poden colaborar indirectamente na protección desta especie.
COMO FACELO?
Apadriñando un niño. Donando unha cantidade mínima de 25 euros que vén sendo o valor medio do que custa o material dun niño, podemos
contribuir directamente na súa protección.
COMO SABEMOS QUE NIÑO É E COMO VAI A NIDIFICACIÓN?
A persoa que apadriñe un niño recibirá unha mensaxe comunicando onde está o niño apadriñado. Ademais, irá recibindo ao longo do proceso
diferente información como por exemplo: onde se localiza ese niño, cantos ovos puxo, se naceron polos, se quedou estragado, etc.
PODE
FIGURAR O MEU NOME COMO PERSOA QUE APADRIÑA UN NIÑO?
Si, no cartel que poñemos na área de nidificación
informando sobre as medidas de protección, se a persoa que amadriñou/apadriñou un niño o desexa, pode figurar seu nome no mesmo, así
como na páxina web de anabam.
QUE TEÑO QUE FACER?
Cubrir a ficha correspondente de axuda
económica. Para acceder a ela preme AQUÍ