CEGOÑAS NO BAIXO MIÑO
Artiluxios colocados pola compañía eléctrica para evitar que as cegoñas constrúan un novo niño.
Portada
Fauna

Cegoñas en São Pedro da Torre

O municipio de Valença do Minho conta cun novo niño de cegoñas. 

Texto: Ricardo da Silva Diz

08-04-2018

     Este novo niño atópase apenas a 4 km lineais do veciño niño da freguesía de Arão, onde o ano pasado criaran por primeira vez estas aves.

     Xa nestes meses fora observada outra parella de cegoñas, ademais da que xa aniña no Arão,  polos arredores de Valença e Tui. Mesmo onde aniñaran o ano pasado na parroquia de Areas, lembremos que o niño tivera un triste final ao caer da palmeira que o sustentaba,  víronse novamente polo lugar.

     O espazo escollido esta vez pola nova parella, que posiblemente xesa a mesma que aniñou o pasado ano en Areas, parece un lugar seguro e axeitado. Está situado enriba da  cheminea dun serradoiro xa en desuso e que polo bo estado de conservación, parece ser unha boa elección.

     Segundo as nosas pesquisas, as cegoñas levan instaladas no lugar un mes aproximadamente, así tamén parece indicalo o tamaño do niño. As cópulas xa se levan a cabo polo que non tardarán en efectuala posta.

As Cegoñas da Freguesía de Arão, un regreso esperado

Texto: Ricardo da Silva Diz

02-02-2018

     O pasado ano sorprendíanos unha parella de cegoñas que no mes de Marzo aniñaban no veciño Portugal. Concretamente na Freguesía de Arão en Valença do Minho.

     Despois de levar adiante a súa niñada, formada por  tres polos, ao finalizar o verán  abandonaron a zona, seguramente camiño do sur, na procura dun lugar mais axeitado onde poder atopar alimento.

      As cegoñas normalmente regresan aos mesmos lugares onde aniñaron con anterioridade e volven ocupar os mesmos niños ano tras ano.

     Nós tiñamos a esperanza de que as nosas cegoñas  regresaran  este  ano á Freguesía de Arão. 

      Sabiamos que non ían poder ocupar de novo o seu niño. A compañía eléctrica  retirouno ao ser abandoado polas cegoñas na súa migración. Coñecedores da querencia das cegoñas a ocupar os niños ano tras ano, situaron no lugar un artiluxio mecánico para evitar  que puidesen construir un novo niño onde traer ao mundo a súa prole.

       Nós sempre pensamos que si regresaban e se asentaban na zona,  ocuparían outro dos postes eléctricos ou algún dos  poste dos anuncios que hai próximos

      A sorpresa non é, como cabería pensar, que aniñen nun destes postes. O asombroso é que xa chegaron e levan aproximadamente unha semana facendo o niño.  O lugar elixido esta vez é o poste eléctrico que esta a seguir da liña eléctrica en dirección sur.

      Os primeiros avistamentos de cegoñas pola zona o ano pasado foron o 15 de Febreiro. No mes de Marzo comezaron a facer o niño.

      O refraneiro popular di “ Por San Blas la cigueña veras”  , que se celebra o 3 de febreiro.

      O domingo 28 de Xaneiro un membro se Anabam (Luis Dorado) observaba o novo niño das cegoñas na Freguesía de Arão informando aos demais membros da asociación da nova.

Ricardo da Silva Diz
Ricardo da Silva Diz
Luis Dorado Senra
Luis Dorado Senra
Ricardo da Silva Diz
Ricardo da Silva Diz
Ó primeiro niño acabou caíndo por mor do temporal. Pero a parella non tardou en elexir outro poste para volver construir un novo niño.
COORDENDAS DOS NIÑOS
 
N
W
UBICACIÓN
NIÑO 1
42º 0' 20,13"
8º 38' 42,34"
 Torreta
NIÑO 2
41º 59' 38,25" 
8º 38' 42,34" 
Cheminé