SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín Franganillo"

 

Vespa velutina

 

(AVESPA ASIÁTICA)

 

Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez, Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz.

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

 

   

 

VÍDEOS DE ANABAM

SOBRE A AVESPA ASIÁTICA

 

   

 

 

 

    Premendo nas fotografías superiores, accédese aos vídeos de ANABAM sobre a avespa asiática (Vespa velutina)

 

         

 

 

 

MAPA DISTRIBUCIÓN DE AVESPA ASIÁTICA

NO BAIXO MIÑO

 

(Actualización:  20-11-2014)

 

 

 

 

 

 

 

 

   Este mapa foi confeccionado grazas ás informacións facilitadas polas persoas e/ou entidades que figuran de seguido. A todas elas lles agradecemos a súa colaboración.

 

 Emilio Alonso; Sabela Alonso; María Alonso Seisdedos; Silvia Bautista Salgueiriño; César Blanco Arias; Patricia Casaleiro; Raquel Castro; Miguel Cividanes Rodríguez; Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo; Araceli Giráldez Pregal; Mª Raquel Gómez Álvarez; Sergio Gómez Peixoto; Infominho; Carmen Martínez Pérez; Araceli Ozores Peixoto; Manuel Á. Pombal Diego; Miguel Pereira; Piño Gómez Rodríguez; Eva Pérez; Ricardo Portela; André Ravesloot; Gustavo Rivas Moure; Maribel Salazar Sanvicente; Javier Sánchez; Ricardo da Silva Diz; Manuel Sobrino Senra; Cris Vaquero; Marga Vicente; Miguel Vicente González; Leonor Vicente Martínez; Fco. Manuel Vicente Santiago

 

 

 

 

 

 

    Actualizada o 23-03-2015  

INFORMACIÓN PARA A CAPTURA DE RAÍÑAS

DE Vespa velutina

 

 

Texto e fotos: Manuel A. Pombal Diego-ANABAM

 

 
       
 

    

    

      A Xunta de Galicia remitiu ás asociacións de apicultores información e trampas para tentar capturar as raíñas da vespa asiática. Acompañamos esta nova coa información fornecida e coas instrucións para a colocación das nomeadas trampas; asemade, tamén se remitiu información para a construción de trampas caseiras para a captura dos exemplares desta especie cando atacan os cortizos das abellas, e que calquera persoa pode facer de maneira artesán. As trampas fornecidas en función do número de colmeas que cada persoa teña, acompáñase duns botes cun líquido atraínte para verter nelas mesturado con auga en proporción (1:1); o kit entregado aos apicultores complétase cunha ficha onde anotar os datos relacionados co lugar de colocación e co número de vespas asiáticas, vespascrabo ou outro tipo de insectos. Dita ficha debe ser remitida con posterioridade aos Servizos Veterinarios Oficiais da Xunta de Galicia, no mes de maio.

Toda a información recollida será de utilidade para coñecer tanto a efectividade das trampas como a especificidade en relación coa vespa asiática.

 

 
       

 

    Actualizada o 03-03-2015  

VARIOS NIÑOS DE AVESPA ASIÁTICA RETIRADOS POR ANABAM EN OIA

 

 

Textoe fotos: Manuel A. Pombal Diego-ANABAM

 

 
       
 

     Nas últimas semanas foron retirados un total de 5 niños de avespa asiática (Vespa velutina) en diferentes parroquias pertencentes ao concello de Oia. Tres deles foron retirados por ANABAM (contando coa axuda de varios colaboradores), mentres que os outros dous foron retirados polo veciño de Mougás, Manuel Pérez Rodríguez, coñecido localmente como “Tobaris”.

     Comezaba o ano cunha chamada telefónica de José Valverde Pombal (Mixto), veciño de Pedornes, informándonos da presenza dun posible niño nas proximidades do río da Igrexa da citada parroquia. Por diferentes motivos, non foi ata o 19 de xaneiro cando puidemos acercarnos a comprobar a localización exacta do niño e tirar unhas fotos. Atopábase na punta dun carballo duns 15-16 metros de altura, nas proximidades dunha fonte traballada polos usuarios da traída de augas de Pedornes. Entre tanto, soubemos que alguén chamara á Xunta de Galicia e que os operarios encargados da súa retirada visitaran a zona. Sen embargo, como o acceso non era doado e non había ningunha posibilidade de acceder cun guindastre, comentaron que eles non o podían retirar.

      O domingo, día 21 de xaneiro, decidimos intentar retiralo nós. Armados con sacos, bolsas, cordas e unha escaleira dirixímonos cara ao ría da Igrexa, accedendo pola parte alta a través da pista forestal coñecida como “carretera do monte”. O carballo no que construíron o niño está nunha zona encaixada con barrancos a ambos lados e con moito mato, o cal dificultaba o acceso pola propia canle do río. Polo sur do río hai uns penedos que sobresaían un pouco a modo dunha terraza, dende a cal fotografamos o niño, practicamente ao mesmo nivel ao que se atopaba. Dende esa mesma zona decidimos baixar ata a base do carballo, inicialmente coa axuda da escaleira que levábamos, aínda que logo descubrimos que se podía facer a pé, tomando as correspondentes precaucións.

     Iniciamos a subida ao carballo, coa axuda da escaleira e despois subindo de rama en rama. Cando estábamos a uns metros do niño, e froito do movemento da árbore, decatámonos que hai unhas cantas avespas pousadas no niño ou ben voando nas súas proximidades. A presenza de avespas, fixo que desistiramos e deixaramos todo o material no monte mentres baixamos ao pobo na procura dun traxe de protección adecuado para poder retiralo sen ser atacado polas avespas.

 

    Á esquerda niño retirado polo membro de ANABAM,manuel A. Pombal Diego.

 

 
       

 

Manuel A. Pombal, Peque, subido perigosamente (por doble partida: avespas e altura á que se atopaba) sobre o carballo

co obxecto de proceder á retirada dun dos cinco niños localizados no concello de Oia.

 

 
       

      

     Despois de preguntar a varias persoas, foi o veciña Manuel Alonso Franco (Loliño) quen nos deixou o traxe de protección, ademais de acompañarnos para axudar na retirada do niño, cousa que lle agradecemos. Subimos a pé ata a posición do niño, cuxas coordenadas son: N 42º 01’ 19.87”; W 8º 52’ 25.69”. Iniciamos, de novo, a subida ao carballo, ao mesmo tempo que íamos cortando algunha pequena rama que podería dificultar a baixada se eramos quen de retirar o niño enteiro.

 

      Unha vez nas proximidades do niño, mentres quitábamos un par de ramas que había por debaixo (para evitar que o niño tropezara contra elas ao ser descolgado), saíron unhas 30-40 avespas que nos ameazaban insistentemente. Con algo máis de tensión da normal por atoparse a máis de 15 metros de altura, onde un pequeno descoido podería resultar fatal, comezamos a serrar a pequena rama na que se atopaba pendurado o niño. Neses momentos, que se fixeron máis longos do inicialmente agardado, fomos atacados por varias avespas, notando como chocaban contra nós tirándose “en picado”. Tanto é así que nos picaron dúas delas, unha en cada perna, despois de atravesar o chándal que vestíamos (o traxe protector era de medio corpo!).

 

 
   

 

    Pouco a pouco fomos baixando polo carballo e, á medida que nos afastabamos de onde estaba o niño, comprobamos que as avespas quedaban voando no lugar onde este se atopaba, pero semellaba que non nos perseguían seguindo ao niño. Loliño, que xa baixara ata o pé do carballo, botoulle unha man á rama da que penduraba o niño para facilitar a baixada do carballo. Logo aínda quedaba a saída do barranco e chegar ata onde estaba o coche para baixar ata o pobo. Pouco a pouco para non tropezar co niño coa maleza existente, saímos do barranco. A partir de aí, aínda que a pendente era alta, foi algo máis sinxelo: aínda así, chegamos ao coche bastante extenuados despois de cargar co niño e con todo o material, xa que facía bastante calor e os traxes de protección mesmo aumentan este. Revisamos o niño e tan só vimos unha avespa pousada nel. Eliminámola e metemos o niño no coche, sacamos os traxes e baixamos cara ao pobo. Dirixímonos ao centro cultural de Pedornes, onde se formou un pequeno rebumbio, xa que a maioría dos alí presentes nunca vira un. Fotos, preguntas, e, sobre todo, tocarlle ao niño para ver cal era a súa textura. Foi un verdadeiro acontecemento.

       Á esquerda, Peque a pouca distanza dun dos niños que retirou.

 
       

 

Dous niños de avespa asiática retirados en Mougás (Oia)      

 

 

    A principios de febreiro fomos informados da presenza dun niño de Vespa velutina a carón do río de Mougás, na parroquia do mesmo nome (concello de Oia). Logo de facer algunhas consultas, demos co veciño de Mougás chamado Manuel Pérez Rodríguez, coñecido localmente como “Tobaris”, e dono duns cortizos de abellas que tamén foran atacados pola avespa asiática. Foi el mesmo o que retirou o niño do alto dun carballo localizado nas proximidades dos seus cortizos, nas coordenadas: N 42º 3’ 15.02”; W 8º 52’ 29.66”. Así mesmo, tamén nos informou doutro niño máis, igualmente retirado por el, nas proximidades do cemiterio da parroquia. Atopábase tamén no alto dun carballo, localizado aproximadamente nas seguintes coordenadas: N 42º 2’ 56.48”; W 8º 52’ 25.87”. Na foto que se acompaña, aparece Tobaris co primeiro dos niños que retirou próximo aos seus cortizos e unha das súas netas. O outro niño deullo a un veciño para que el o conservara.

 

 
       

 

       Cabe salientar a importancia que ten o localizar e poder retirar os niños desta avespa para mitigar, en parte, os efectos que a velutina está a causar nos enxames de abellas. Pola nosa banda, solicitamos que calquera que atope un destes niños no Baixo Miño, nos informe, xa que estamos interesados en levar un rexistro, ademais de colaborar na súa retirada sempre que fose posible cos medios cos que contamos.

 
       

 

      

Outros dous niños retirados na parroquia de Santa María de Oia

     O domingo 8 de febreiro recibimos unha chamada telefónica do veciño de Pedornes Angel Pombal Silva “Lito do Morouzo”, comentándonos que había un niño de velutina nun carballo subindo polo camiño que hai a carón da farmacia de Oia. No luns día 9, saímos en busca do citado niño, percorrendo algunhas corredoiras e varios campos tratando de localizalo. Nun primeiro momento, demos cos restos dun niño a carón do regato Lavandeira. Semellaba bastante desfeito. Logo soubemos que fora tratado polos empregados da Xunta, xa que non foran quen de acceder ata onde se atopaba para poder retiralo. Nembargantes seguimos buscando pola contorna, ata que finalmente demos con outro niño, o niño do que nos informara Lito o día anterior. Estaba no alto dun fermoso carballo, pero pensamos que era posible retiralo tomando as precaucións axeitadas.

    Á tardiña, despois de facernos cun traxe protector, acercámonos de novo coa escaleira e demais ferramentas para tratar de retirar os dous niños. Esta vez acompañounos o veciño de Pedornes, Eusebio Franco Carabelos, o cal nos foi de gran axuda en todo momento.

      Primeiro dirixímonos ao que estaba enteiro, localizado nas seguintes coordenadas: N 42º 0’ 21.25”; W 8º 52’ 18.03”. Coa axuda da escaleira puidemos subir ao carballo e retirar o niño enteiro sen grandes problemas. Mentres o retirabamos, acercáronse un par de persoas que nos comentaron que non coñecían este tipo de niños, pero que tampouco se decataran que estaba alí, a pesares de andar con frecuencia polas proximidades del.

     A continuación dirixímonos cara o outro niño, sito a uns 180 m de distancia en liña recta, nas coordenadas: N 42º 0’ 15.19”; W 8º 52’ 15.64”. Tamén fomos quen de recuperar os restos que quedaban do niño, o cal perdera a parte de abaixo froito do tratamento que lle lanzaran os operarios da Xunta de Galicia usando unha especie de “pértiga”, segundo nos comentou o propio dono do terreo onde estaba. Cabe salientar que os restos deste niño están moi ben para comprobar como é a configuración do seu interior, cos diferentes paneis colgados uns dos outros como se fosen pezas de escaiola. Estes dous niños serán utilizados como material didáctico por ANABAM, tanto na súa sede como na exposición permanente que temos na Estación Ornitolóxica da Pasaxe (Camposancos, concello da Guarda).

 

 

 
       

 

 

Manuel A. Pombal Diego, Peque, subido no carballo para sacar un dos niños de Oia

 

 
   
 

 

    A esquerda un dos niños que fora tratado poloos responsables da Xunta para destru´lo. Arriba, Peque, co niño que recolleu, encaramado no alto do carballo.

 
       

     

 
       
 
       

 

    Actualizada o 02-11-2014  

ALGUNHAS DAS NOSAS OBSERVACIÓNS E "EXPERIENCIAS"

NESTE MES DE OUTUBRO PASADO

 

 

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo-ANABAM

 

 
       

 

       Neste mes de outubro, as hedras atópanse en plena floración, por este motivo, centos de insectos, sobre todo dípteros, revolotean en torno delas para se alimentar. Esta é unha ocasión que as avespas asiáticas non desperdician, por iso resulta frecuente velas percorrendo dun lado a outro para tratar de capturar a algún despistado deses dípteros. Tamén as propias avespas parece que se alimentan das flores, a non ser que sexa unha estratexia para tratar de cazar a algunha das súas posibles presas.

 

 

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 
       

 

       A caída da folla das árbores caducifolias deixan ao descuberto moitos dos niños que ata o de agora permaneceían ocultos entre a follaxe. Este é o caso deste niño, do tamaño dun balón que se atopaba sobre un amieiro nas Eiras (O Rosal), moi próximo de onde foran retirados outros dous niños con anterioridade.

 

 

 

 

Foto: Ricardo Portela Vilas-anabam

 
       

 

       Unha inoportuna e irresponsable incursión do autor desta sección, sen tomar as medidas necesarias, ocasionoulle o correspondente cabreo das avespas asiáticas que non tardaron en saír defender o que consideraban seu. Así que, a sabendas ao que nos arriscabamos, sufrimos catro picotazos (tres nos brazos e un nun costado) de catro das oito avespas que se pousaron enriba nosa. Dende que iniciamos a nosa particular "achegada" a estes insectos, levamos con nós o famoso "after bite", polo que a dor foi liviana e levadeira, aínda que durou unhas 12 horas e, ao día seguinte as zonas afectadas pola picadura estaba vermellas e con certo picor.

 

     O motivo da nosa incursión no territorio alleo debeuse a que un paisano que quería cortar a herba da súa finca, nos dixera que non podía facelo porque había avespas asiáticas aniñando na terra. Para nós as avespas asiáticas non podían estar a nivel do chan, polo que consideramos que tería que tratarse dalgunha das nosas avespas.  "Azuzamos" a zona na que nos dixo que andaban as avespas, cousa que fixemos varias veces. Nunha das ocasións saíu unha, pero consideramos que debería andar por alí na procura de caza. Continuamos co noso hostigamento ata que chegou un momento no que saíron varias e, nun abrir e pechar de ollos, xa as tiñamos sobre nós. De súpeto sentimos un primeiro pinchazo, logo outro e así ata catro.

 

 

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 
       

 

   No que respecta ás observacións realizadas sobre esta especie, podemos  sinalar que rexistramos a presenza de cinco novos niños: un na Armona, outro en Eiras, un terceiro nas proximidades da Xunqueira de Salcidos e un cuarto nas proximidades da estrada de baixada ao Pasaxe (Camposancos) e un quinto en Tomiño, no inteiror dunha nave. Os datos foron facilitados polo GES da Guarda, e polos particulares Ricardo Gómez Sobrino; Emilio Alonso Gómez e Ricardo Portela Vilas.

 

     Ademais observamos avespas en Camposancos, nos lugares de O Pasaxe (arredores da Estación Ornitolóxica); na Armona (proximidades da praia); na estrada de Camposancos (proximidades do cemiterio, en varias zonas) e nas proximidades da antiga cerámica Santa Tecla; tamén tivemos comunicación da presenza de avespas na zona da Barrosa, Salcidos. Os observadores ou informantes destas observacións foron: Silvia Bautista; Ricardo da Silva, Maderas Miño e o autor deste artigo.

 

  Por outra banda, o 23 de outubro procedemos á marcaxe de cinco avespas asiáticas, utilizamos para elo un rotulador groso de cor branca, para ver se podemos obter algunha nova información das mesmas.

 

 
       

 

    Actualizada o 22-09-2014  

PRIMEIRO NIÑO QUE ATOPAMOS NO

INTERIOR DUN GALPÓN, A MENOS DE DOUS METROS DE ALTURA

 

 

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo

 

 
       

 

       Por primeira vez localizamos un niño de avespa asiática a menos de dous metros de altura e no interior dun galpón, cando o habitual é que estean a bastante altura, a partir dos 10 metros, e no exterior. O lugar onde se acghaba era nas Eiras, a moi poucos metros de onde xa había outro que fora eliminado días antes pola empresa Tragsatec.

 

     O sábado 6 de setembro catro membros do grupo de traballo de ANABAM (Agustín Ferreira, Manue A. Pombal, Ricardo Portela e Ricardo da Silva), achegámonos pola tarde ata o lugar de emprazamento do niño coa finalidade de sacalo e conservalo na asociación. Non era un niño de gran tamaño, e a actividade era reducida. No interior do niño debía haber un bo número de avespas e outras probablemente estaban no exterior, alimentándose ou cazando insectos para as larvas.

 

    Esperamos ata o atardecer para proceder á retirada do niño.

(Fotografía: Manuel A. Pombal Diego-ANABAM)

 
       

 

      Estivemos máis de medio cento de veces a pouca distancia das avespas asiáticas e lugares moi diferentes, en momentos a poucos centímetros delas. En ningún caso fomos obxecto de picaduras. Pero nesta ocasión parece que estabamos decididos a que nos picaran. Dous dos catro membros do grupo de traballo recibimos sendas picaduras, Ricardo Portela por collelas cun ganapán para ser marcadas, ao maipular unha delas recibíu a "descarga" nun dedo. O autor deste información recibiu unha picadura na fronte, neste caso tamén por culpa nosa, ao bater cun pau na bigueta onde estaba o niño. Houbo un primeiro aviso, varias avespas saíron do niño e unha delas revoloteu ao noso derredor, pero pasamos olímpicamente e volvemos bater contra a bigueta. Nesta ocasión unha delas, en cuestión de décimas de segundo, veo cara nós e deixounos a "carta de presentación". Xa levabamos entre os nosos pertreitos o famoso "after bite". Así que ámbalas dúas picaduras simplemente foron unha molestia, máis ou menos duradeira, pero sen maiores consecuencias.  Con isto tamén queremos desmitificar tanto o perigo da picadura como a dor ou, mesmo, a agresividade da avespa asiática.

(Fotografía: Ricardo Portela Vilas-ANABAM)

 

 
       

 

      Ademais da Scrofularia, outra das plantas pola que as avespas asiáticas teñen moitísima querencia é o Calistemon (ou limpa botellas), como puidemos comprobar persoalmente e por diversa información recibida. Precisamente, o GT-ANABAM aproveitaría a saída do 6 de setembro para visitar un destes arbustos onde había un bo número de velutinas.

 

 

 

Na fotografía, unha avespa asiática nunha das flores de calistemon alimentándose.(Fotografía: Manuel A. Pombal Diego-ANABAM)

 
       
 

       Membros do GT-ANABAM  preparándose para a captura e marcaxe de varios exemplares de avespa asiática. No centro un dos arbustos floridos ao que acudían as avespas e que foi aproveitado para capturalas cando se atopaban nas flores. (Fotografía: Ricardo Portela Vilas-ANABAM)

 
       
 

         Trala captura das avespas, procedemos á súa marcaxe utilizando un "bolígrafo típex". O motivo desta marcaxe era o de comprobar se estas avespas ían cara ao niño que tiñamos controlado e que retiramos á tardiña. Ningunha das avespas foi recuperada no niño, pero si foron vistas días despois o que pensamos pode ser un sinal de que hai outro niño nas proximidades.(Fotografía: Ricardo Portela Vilas-ANABAM)

 
       
       

 

    Actualizada o 05-09-2014  

MAPA ACTUALIZADO E MARCAXE DE AVESPAS

 

 

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo

 

 

 

 
       

  

 
       

 

       Aproveitando a visita diaria de varias destas avespas ao xardín do autor deste artigo, procedemos á marcaxe de varias delas co obxecto de ver que información nos poderían aportar. Por empezar, puidemos coñecer que os individuos son visitantes asiduos aos mesmos lugares, polo menos a aqueles que lles reportan algo.

 

    Na imaxe podemos ver a unha das avespas que temos marcado no momento de regresar á zona  que habitualmente frecuentan.

 (Foto: Agustín Ferreira-anabam)

 
       
       Entre as nosas observacións vimos que as avespas teñen moita querencia, ademais de polas abellas e determinadas froitas e as cascas dos piñeiros e eucaliptos, por determinadas plantas. Nestas últimos semanas puidemos comprobar que unha destas plantas é a Scrophularia, a cal forma matas onde as súas pequenas flores son un reclamo, ao parecer, moi apetitoso para estas avespas. Varios individuos achéganse diariamente a estas matas que se atopan, neste caso particular, no xardín do que isto escribe, polo que podemos realizar cantas observacións queiramos sobre estes insectos. Tamén  foron fotografadas nesta planta por un afeccionado á natureza (Manuel Sobrino Senra) que as observou nas proximidades da marisma de Salcidos. Unha media de entre tres e cinco individuos diarios son os visitantes, así que, a nosa curiosidade nos incitou a saber se os individuos que veñen son os mesmos ou outros diferentes, de aí que marcáramos algúns deles.

(Foto: Manuel Sobrino Senra)

 
       

 

      Outra das observacións realizadas foi a que hora do día empezaban a verse ou se deixaban de ver. Entre mediados e finais de agosto, período no que empezamos a observar as avespas nas matas de Scrophularia, xa están activas a mañanciña, entre oito e oito trinta, e as últimas déixanse ver ao final da tardiña, a iso das 21 horas. A maior actividade deuse entre as 10 da mañá e as sete da tarde.

(Foto: Agustín Ferreira-anabam)

 
       

 

 

 

Outra das observacións efectuadas, Manuel A. Pombal (Oia), Agustín Ferreira (A Guarda), é que as avespas adoitan

acudir con insistencia aos troncos de eucalipto recén cortados. Inicialmente pensabamos que ían a polo "zume" que emanabam dos mesmos,

pero unha observación máis detallada, danos a impresión de que tal vez ao que se dedican é arrancar minúsculas partículas de corteza, posiblemente co fin de seguir construíndo o panal. Sempre se distribúen pola periferia do tronco, como se observa na fotografía, e alí pasan bastante tempo ben de xeito solitario ou ben en grupiños duns poucos individuos. A fotografía foi obtida nun depósito de madeira onde había tamén troncos de pino, pero nestes non observamos avespas, únicamente nos eucaliptos. (Foto: Agustín Ferreira-anabam)

 

 
       

 

    Piñeiro en Fonte Bieita, A Gándara, salcidos, A Guarda, onde se pode apreciar, no centro da imaxe, o niño de vespa asiática.

(Foto: Ricardo Portela Vilas)

 
       

      Ciprés na Casa da Xuventude de Tui, on de tamén se localizou un niño.  (Foto: Ricardo da Silva Diz)  
       

 

    Actualizada o 10-8-2014  

MÁIS SOBRE A AVESPA ASIÁTICA

 

 

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo

Fotos: Luis Dorado Senra

 

 

 
       

 

    Imaxe superior: a cor predominante da avespa asiática é o negro. O extremo inferior das patas é amarelo, ao igual que unha franxa cara ao final do absome, así como as mandíbulas..

 

     Imaxe da esquerda: Detalle do aguillón. Os efectos da súa picadura é semellante aos das demais avespas, pero a dicir das persoas que sufriron a mesma (Sergio Gómez Peixoto, apicultor), esta é moi dolorosa. Non som moi dadas a picar aos humanos, agás que se estea próximo ao niño ou interceptemos o seu camiño.

 
       

 

      Esquerda: Detalle da cabeza. As mandículas son fortes adaptadas para cercenar a cabeza dos insectos, entre eles as abellas melíferas.

 
       

 

        Un dos últimos panais observados, ata agora, por ANABAM. Foi en Tui, nas próximidades do Clube de Piragüismo, na ribeira do Miño.

 
       

 

 

Os datos recollidos por ANABAM amosan dous núcleos de presenza da avespa asiática no Baixo Miño.

No sur atópase o de maior número de observacións e niños detectados polo de agora, abarcando tres concellos: A Guarda,

O Rosal e o sur de Tomiño, concretamente en Goián. Logo atopamos un pequeno núcleo ao nordeste, en Tui.

 

Como se observa, son zonas moi próximas ao río Miño. Dado que as primeiras observacións desta especie se produciron nos

concellos do outro lado do río, fundamentalmente en Caminha, isto nos da pé a crer que as avespas veñen do norte portugués,

cruzaron o río e se estableceron nas proximidades do mesmo.

 

 
       

 

         

Actualizada o 30-12-2013

 
     
 

 

 

Niño de avespa asiática situado nun piñeiro a uns 20 metros de altura.

Fotografía;: Ricardo Portela Vilas-anabam

 

 

 
 

 

PRIMEIRA CITA DE NIÑO DE AVESPA NO BAIXO MIÑO

 

       
 

     Se hai unhas semanas dábamos a noticia da presenza da avespa asiática no Baixo Miño, agora xa temos confirmada tamén que a especie cría na comarca logo de observar o primeiro niño desta avespa que rexistramos na zona.

 

    O niño atópase nun piñeiro a uns 20 metros de altura, de forma máis ou menos esférica, ten un diámetro que estimamos en máis de medio metro.

 

     Parte do grupo de traballo de ANABAM desprazouse ata a zona o sábado día 21 de decembro para recoller datos do mesmo, fotografalo e ver que posibilidades había para tratar de collelo enteiro e trasladalo ao local da asociación. Logo de ver as dimensións do piñeiro, vai ser difícil poder facerse co mesmo, aínda así, imos ver se hai unha mínima posibilidade de sacalo enteiro e conservalo.

 

   A zona na que se atopa este niño é no barrio coñecido polo nome de Valdemiñotos, no Rosal, nunha finca particular na que hai, ademais de piñeiros algún carballo e, nas proximidades, eucaliptos.

 

     Na imaxe da dereita pode verse o piñeiro e o enorme tamaño que ten, se tomamos como referencia as persoas que están ao seu carón.

 

Fotografía;: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

     

   

 
             
 

     Na fotografía os propietarios da finca, Rosalía Álvarez González e Juan Castro Berrecoso, que acompañaron ao grupo de traballo de ANABAM ata onde se atopa o niño.

 

Coordenadas UTM:

 

     Datum: WGS 84

     X:51474

     Y: 464234

 

Fotografía;: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

     
             
 

 
 

 

Membros do grupo de traballo de ANABAM xunto aos propietarios da finca observando o niño da avespa

Fotografía;: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 
 

Leonor Vicente Martínez, á esquerda, foi a persoa que observou o niño por primeira vez dende a súa casa que se atopa a uns 70 metros do piñeiro. Segundo nos comentou, foi polo verán, o sol daba de pleno no niño e isto lle chamou a atención, aínda que non sabía o que podía ser, mesmo pensou nunha pelota ou un globo que estaba nas pólas do piñeiro. Comentoullo ao seu home, Manolo Álvarez Álvarez, no centro da fotografía. Finalmente, semanas despois, falaron deste obxecto con Esteban Carabelos, á dereita da fotografía, quen nos enviou un correo o pasado 9 de decembro enviándono unha fotografía e sollicitando información de si o que había nesa fotografía era un niño de avespa asiática, cousa que, en efecto, confirmamos.

 

    O sábado 21 deste mes de decembro, parte do grupo de traballo de ANABAM, (Angílica Entenza, Carlos; Dorado Senra, Luis; Ferreira Lorenzo, Agustín; González de Dios, Mª Consuelo Portela Vilas, Ricardo e da Silva Diz, Ricardo), achegámonos ata o lugar en cuestión.

 

    Contabamos con atopar un niño sen actividade, pero varias avespas revoloteaban ao seu arredor, saíndo e entrando na gran bola feita de pasta de papel.

 

    De momento o niño segue alí á espera de facer algo con el.

 

Fotografía;: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

   

 
             
   
 

 

Niño de avespa asiática situado nun piñeiro a uns 20 metros de altura.

Fotografía: Esteban Carabelos

 

 
             

 

    Actualizada o 17-11-2013  
       

 

 

    Logo de Tomiño e A Guarda, agora tocoulle o turno ao Rosal

onde xa foi detectada a Vespa velutina, coñecida vulgarmente como avespa asiática. A información foinos facilitada por Miguel Cividanes Rodríguez, autor tamén das fotos que acompañan esta nota divulgativa. O lugar de observación corresponde co barrio coñecido como Cumieira de Abaixo e produciuse o 12 deste mes de novembro.

 

 

 

 

 

         

Actualizada o 29-10-2013

 
 

PRIMEIRAS CITAS DA VESPA ASIÁTICA (Vespa velutina) NO BAIXO MIÑO

 

    Sabiamos que, tal e como ían as cousas, non tardariamos en ter datos  da presenza da vespa asiática nesta comarca. O pasado ano fora observada en Caminha, na outra beira do Miño, así que, non era difícil que cruzara o Miño cara a esta marxe. Por outra banda, xa hai meses que se detectou a súa presenza en Gondomar, polo tanto, o Baixo Miño tiña tódalas posibilidades de que máis cedo que tarde, aparecese por aquí.

 

    O sábado 19 deste mes de outubro, varios membros de ANABAM observamos un exemplar pousado no chan. Viña dunha zona de ireiras que hai sobre un muro próximo á Estación Ornitolóxica, onde revoloteaban unha grande cantidade de abellas. Aínda que tratamos de fotografala e mesmo collela, non foi posible porque de súipeto reiniciou o vo e perdémola de vista.

 

     Sabemos, pola información facilitada por unha compañeira nosa, membro tamén de ANABAM, que en Goián tamén foi localizada esta avespa. Concretamente dende o día 12 deste mes de outubro. Os avistamentos e posterior recollida dun exemplar débese a Miguel Vieira e da súa muller Marga Vicente. A localización foi no barrio de Centinela, a carón do chamado Monte dos Corvos. A vespa estaba nunha figueira, concretamente nun figo, pero non se atopaba soa, senón en compañía doutra vespa, pero non da mesma especie, senón doutra que, por culpa da asiática, está a padecer as consecuencias. Estamos a falar da Vespa crabro, un avespón que chega aos tres centímetros de lonxitude e que moita xente adoita confundila coa anterior máis polo medo que por unha observación e coñecemento das dúas especies.

   

A Vespa velutina é de tamaño grande, case que tres centímetros. Facilmente recoñecible pola cor escura do seu corpo, agás un segmento do final do tórax e por ter os tarsos das patas de cor amarelo, sendo o resto de cor negra.

 

 

Fotografía: https://es.m.wikipedia.org/wiki/Archivo:Vespa_velutina_08.jpg

             
 

 

FALSAS ALARMAS

 

         Cada vez que os medios de comunicación dan algunha noticia da vespa asiática, dispáranse as alarmas e non resulta raro que algunhas persoas nos chamen para confirmar se o que teñen preto das súas vivendas é a "famosa" vespa, como aconteceo o sábado día 26 deste mes de outubro en Portecelo (O Rosal). Desprazámonos ata alí, e comprobamos que era a vespa común. En principio, estas vespas non van atacar, agás que estemos próximos aos niños e consideren que están ameazadas. Polo tanto, no campo, en "terreo de ninguén", podemos estar tranquilos.

    

 
             
 

 

O AVISPÓN AUTÓCTONO ESTÁ A PAGAR AS CONSECUENCIAS

 

         O problema deste tipo de informacións é que veñen adornadas con calificativos máis que alarmantes, alarmistas e así resulta frecuente ver como chaman a este véspido como "vespa asasina". Esta denominación, extremadamente negativa, fai que o subsconsciente actúe de forma defensiva e, consecuencia diso é que calquera avespa pase a ser a "vespa asasina" e xa non digamos, como temos comprobado, cando se trata do avispón (Vespa crabro), que ten un tamaño duns tres centímetros e que adoita ser confundido sempre coa vespa asiática, chegando a prender lume aos seus niños, que habitualmente se atopan en ocos de vellos carballos ou sobreiras e outras árbores, como temos comprobado nos carballos centenarios de Tebra, nas sobreiras da Ermida da Magdalena ou nos plátanos das Aceñas.

     O avispón autóctono, Vespa crabro, mesmo está protexido en varios países, porque empeza a escasear. Dende aquí pedimos que non se actúe á lixeira. En caso de dúbida mellor informarse e chamr a quen consideremos pode aclararnos a identificación da vespa en cuestión. Que o noso avispón non teña que pagar as consecuencias.

 
             
             

 

DIFERENZAS ENTRE A VESPA VELUTINA (VESPA ASIÁTICA) E A VESPA CRABRO

A Vespa crabro, como podemos observar, ten unha cor diferente á Vespa velutina. Nesta a cor predominante é negra mentras que na V. crabro é amarela co tórax avermellado. Imaxes: superior:  da Wikipedia.