Synaema globosum

 

(ARAÑA NAPOLEÓN)

 

RESPONSABLE E COORDINADOR ARÁCNIDOS: Agustín Ferreira Lorenzo

COLABORADOR ARACNÓLOGO: Antonio Melic

 

Equipo de Campo: (1) Carlos Angíliza Entenza, (2) Silvia Bautista Salgueiriño, (3) Luis Dorado Senra; (4) Agustín Ferreira Lorenzo, (5) Antón Ferreira Lorenzo, (6) Noé Ferreira Rodríguez,  (7) Mª Consuelo González de Dios, (8) Manuel A. Pombal Diego, (9) Ricardo Portela Vilas, (10) Fco. Javier Sánchez González e (11) Ricardo da Silva Diz.

 

Máis información sobre entomoloxía: http://www.sea-entomologia.org

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

 Ir á PORTADA

 

 

 

Actualizada o 07-06-2015

 

 

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

OBSERVACIÓNS REALIZADAS SOBRE

A ARAÑA NAPOLEÓN

 

 

 

 

       

      Durante o traxecto diario que fago entre A Guarda e Camposancos, vin observando que a denominada "araña Napoleón" aparecía diante dos meus ollos en numerosas ocasións. Esta pequena e inofensiva araña que non chega a un centímetro de lonxitude, atópase sempre nas frores, onde espera con paciencia a chegada dalgunha presa, habitualmente dípteros. Así que, logo de varios días de pasar por elas, véuseme á mente o de facer algunhas observacións, como por exemplo a cor que presentan ou as flores nas que se atopan habitualmente. Así que, durante catro días recollín información de tódalas arañas observadas no meu desprazamento diario, sen determe a escudriñar en tódalas flores e deténdome unicamente nas que, a medida que me desprazaba, observaba algunha, non contabilizándoa no caso de decatarme de que xa fora rexistrada con anterioridade. O resultado foi que observei un total de 20 individuos diferentes, varios deles machos, pousados en tres tipos de flores: compostas, a práctica totalidade dos individuos observados estaban nestas, aínda que, tamén hai que sinalar que era a planta dominante con moito; umbelíferas  e cistáceas. Tamén tiven en conta a cor dos exemplares: branco, amarelo, crema (entre branco e amarelo) e vermello.

 

       O resultado das observacións vai no cadro que segue:

 

 

 

 

 

 

 

1 ---------

---------

         1              

2 1

1

4

9 -----

-----

9

6 -----

------

6

 

18 1

1

20

 

 

 

 

 

      Actualizado o 29-4-2015  
     

 

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 
         
 

 

Cadrículas onde se localizou Synaema globosum (araña napoleón)

 

 
 

 

CADRÍCULA LUGAR FLOR HÁBITAT DATA COLABORADORES
X:10 - Y:36 Campo fútbol Camposancos Umbelífera Herbáceas. Ribeira fluvial. Xuño, 2014 4
Idem Camposancos, baixada á Sollás. Umbelífera, composta Herbáceas, camiño. Costa Abril, 2015 4
X: 25   Y:52 Piñeiro, Tomiño Umbelífera, composta Pradería. Borde regato Maio, 2015 1, 3, 4, 7, 11
           
           

 

 
 

 

 

Filum: Arthropoda.
Clase: Arachnida.
Orden: Araneae.
Familia: Thomisidae.
Género: Synaema.

Especie: Synaema globosum
Lonxitude: Menos dun cm

 

Localización: Sobre flor.

 

Lugar: Camiño terroso bordeado de vexetación, próximo á costa.

 

OBSERVACIÓN:
I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII
                       

 

 
         
 

 

       Estamos convencidos de que a maioría dos nosos lectores recoñecen con facilidade a silueta que aparece á esquerda. Trátase, evidentemente, de Napoleón Bonaparte.

 

 
         
   

      Visto o anterior, poderiamos facernos a seguinte pregunta: que relación atopamos entre a araña da esquerda e a silueta de arriba?

 

    Comprenderemos, pois, cal é a orixe do nome vulgar da Synaema globosum: "araña Napoleón".    

 

    En efecto, estas arañas presentan un debuxo que, superiormente, parécese á silueta do xeneral francés.

(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 
         
 

 

 

    

      A primeira persoa en citar esta especie no Baixo Miño foi o xesuíta e naturalista P. Franganillo, quen levou a cabo estudos sobre os arácnidos na primeira década do século XX, dende o Colexio Apóstol Santiago, de Camposancos, A Guarda.

 

    Esta araña pertence ao grupo de arácnidos coñecidos vulgarmente como "arañas cangrexo".

 

  (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

 

 
         
 

 

Arriba, araña Napoleón con abdome vermello sobre composta

( 9-5-2015-Piñeiro, Tomiño). Á dereita outra araña Napoleón, sobre umbelífera,

de cor crema (Camposancos, 20-4-2015).

Fotos: Agustín Ferreira-anabam, .