PRÁCTICAS EXTERNAS EN ANABAM 2020-II - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

PRÁCTICAS EXTERNAS EN ANABAM 2020-II

COLABORA

ALUMNOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO
E DO CEIP "A GRANXA" DE PONTEAREAS

desenvolven as súas prácticas en ANABAM


     O titor e responsable dos traballos que desenvolven en ANABAM é o presidente desta entidade conservacionista, Agustín Ferreira Lorenzo.

    Os respectivos titores académicos dos tres estudantes nos seus lugares de estudo son, por orde no que aparecen os estudantes a continuación, os seguintes:
                 Manuel Ángel Pombal Diego, titor da estudante de grao Nerea C.F.
                 Luís Navarro, titor do estudante do máster interuniversitario de Biodiversidade Terrestre, Adrián F. V.
                 Fernando García Blanco, titor do estudante do Ciclo de Educación e Control Ambiental Fabián G.A.
Nerea C.F, estudante de grao de Bioloxía na Universidade de Vigo, realizou as súas prácticas externas en ANABAM, centrándose as mesmas en catro traballos de campo:

- Censo de niños de andoriña do cu branco (Delichon urbica) en Tui e Valença.
- Distribución e problemática de Nymphoides peltata nas augas do último tramo do Miño.
- Localización e distribución da herba da Pampa (Cordaderia selloana) en Tui e Tomiño.
- Efectos do picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus) nas palmeiras de Tui.

  O seu período de prácticas desenvolveuno durante o verán. Sinalar que fixo un excelente traballo. Valoramos moi positivamente o interese amosado, a dedicación, o cumprimento do horario, a presentación do informe así como a súa dispoñibilidade.
Adrián F. V., estudante de máster interuniversitario de Biodiversidade Terrestre na Universidade de Vigo, desenvolve as súas prácticas externas en ANABAM. Os primeiros traballos nos que centra a súa actividade son os seguintes:

- Localización e distribución da herba da Pampa (Cordaderia selloana) en Oia.
- Efectos do picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus) nas palmeiras de Oia.

      O seu período de prácticas finalizará no mes de decembro e, durante este tempo terá que desenvolver entre cinco e sete traballos de campo, todos eles centrados na bisbarra do Baixo Miño.

Fabián G. A., estudante do Ciclo de Educación e Control Ambiental no CIFP de A Granxa, Ponteareas, está a desenvolver as súas prácticas externas en ANABAM. Os dous primeiros traballos que leva a cabo son os seguintes:
- Localización e distribución da herba da Pampa (Cordaderia selloana) no Rosal.
- Efectos do picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus) nas palmeiras do Rosal.

     O seu período de prácticas finalizará no mes de decembro e, durante este tempo terá que desenvolver entre cinco e sete traballos de campo, todos eles centrados na bisbarra do Baixo Miño.

Regreso al contenido